Amigos da Terra ven de interpor senllos escritos ante as delegacións de Medio Ambiente da consellería e da Confederación Hidrográfica para que envíen persoal técnico a investigar quen está a soterrar plásticos, adoquins, cemento e máis elementos nas beiras da canle fluvial do Arenteiro.
Alertados por un dos veciños, a organización ecoloxista demanda máis vixianza da administración á hora de adxudicar as obras da apertura do paseo que vai dende a piscifactoría ata o ponte da Toscaña. Todos os indicios parecen levar a que é a empresa adxudicataria destas obras a que está a facer unha incorrecta e nula xestión dos sobrantes das obras.
A asociación espera que este tipo de condutas, totalmente contrarias ao mantemento axeitado do entorno ecolóxico do Arenteiro e que contraveñen a lexislación ambiental e de residuos, sexa controlada e sancionada debidamente pois son este tipo de actos cotiás aos que non se lle poñen freo os que promoven condutas empresariais incorrectas e ilegais, que quedan impunes e, polo tanto, véñense repetindo no tempo.
RESPONSABLES:
Esperamos que se identifique a los responsables y podamos darles a conocer
Ayer mientras pasaba por el Barbaña pude ver como empleados municipales recogían alguna que otra bolsa, pero poco hacían