Amigos da Terra denuncia a situación crónica de vertidos ao río Barbaña e solicita información
http://amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-denuncias/113-amigos-da-terra-denuncia-a-situacion-cronica-de-vertidos-ao-rio-barbana-e-solicita-informacion
A organización ecoloxista tramitou os escritos onde solicita información ambiental á recente Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ao concello de Ourense co fin de esclarecer os feitos do vertido que provocou abundante escuma ao río Barbaña
A situación que fai uns días se detectou no río Barbaña á altura da ponte de Ervedelo, e que consistía na acumulación de escuma, posiblemente debida a algún vertido ilegal, segue sen esclarecerse por parte dos organismos que pasan a pelota un ao campo do outro.
O concello de Ourense, pola súa parte, sinala como órgano competente á recente Confederación Miño-Sil e esta, que fixo unha inspección o 23 de setembro recollendo mostras para analizar a orixe da escuma, segue sen proporcionar datos reais sobre a situación que se produciu, nin a dar solucións á mesma.
O río Barbaña foi tradicionalmente e é na actualidade, sumidoiro de verteduras domésticas e industriais da cidade de Ourense e de concellos colindantes.
Fonte: Amigos da Terra. Venres 26 setembro


Fai dous anos, Amigos da Terra interpuxo denuncias ante o executivo local de Ourense, ante o Organismo de Conca, daquela Confederación Hidrográfica do Norte, e ante o concello de San Cibrao das Viñas. A resolución enviada por este último, contiña o resultado dunha inspección feita polo Seprona que corroboraba as sospeitas dos ecoloxistas: algunhas das empresas do polígono industrial de San Cibrao non estaban conectadas ao sistema de saneamento da zona. Ademais sinalaba a posible existencia dun foco habitual de vertidos ilegais que podían estarse levando a cabo polas empresas da zona de Barreiros.
Fonte: Amigos da Terra. Luns 29 setembro

Pero pouco ou nada se fixo para solventar a situación e dous anos despois Ourense volve atopar a canle fluvial do Barbaña nunha situación ecolóxica prexudicial para a flora e a fauna. Igualmente, e debido á falta de publicación dos resultados da analítica efectuada pola Confederación, non se sabe se puidese ocasionar algún tipo de trastorno á saúde das persoas.
Por elo, dende a organización ecoloxista solicítase información ambiental correspondente ao vertidos producidos tratando de esclarecer os feitos acontecidos e esixir ás administracións unha información ambiental máis áxil e transparente á cidadanía.
RESPONSABLES:
"CONFEDERACION HIDROGRAFICA MIÑO-SIL"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

gonzalo blanco dijo
ONDE ESTÁ QUE NON SE VÉ O DELEGADO DO PEPÉ
Adega demanda ao Delegado da Xunta en Ourense a súa actuación na gravísima contaminación do Río Barbaña
Ante a ausencia dos técnicos e pesoal cualificado da Consellaría de Medio Ambiente (Servizo de Inspección Ambiental) e a división das competencias de protección da natureza en dous departamentos da Administración autonómica (Medio Rural e Medio Ambiente) Adega esixe unha resposta por parte do responsábel político do Presidente da Xunta en Ourense. Non podemos esixir eficacia, aptitude nin dilixencia porque, ao igual que na catástrofe do Prestige, a Xunta volve estar ausente. U-la Xunta Sr. Feijoo? Sabe vostede que se produxo a maior contaminación da historia do Barbaña na cidade de Ourense?
Si non ten datos sobre outras contaminación, podemos fornecerllelos nós; 23-04-07 e 27-12-08 son as máis recentes mostras de verteduras ao Río Barbaña pero que non provocaron a masacre devastadora na fauna do río.
Parabéns para a Confederación Miño-Sil
Dada a presenza de metais pesados nas analíticas das augas, como ben revela a Confederación Miño-Sil, e a súa dilixencia en ofrecernos datos a cidadanía debemos recoñecer a súa eficaz actividade neste caso, o que tamén demostra como por primeira vez este organismo é máis axil e eficaz ao ter o seu centro directivo en Ourense, por mor da descentralización dos centros de decisións, e o achegamento ás realidades concretas dos ríos galegaos. Estes datos lévannos a indicar que se debe investigar ás empresas que utilizan metais pesados nos seus procesos produtivos, ao estarmos diante dunha vertedura dunhas dimensión considerabéis, que sería propia dunha grande empresa do Polígono de San Cibrao, segundo todos os indicios das analíticas.
www.adega.info
28 Junio 2009 | 01:54 AM