http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=697&Itemid=2
Mondoñedo, 29 de novembro de 2007. O parque eólico da Toxiza en Mondoñedo está a afectar gravemente ao xa maltratado LIC Serra do Xistral. As afecccións dos parques eólicos aos espazos protexidos prodúcense principalmente pola construcción de pistas, as cimentacións dos aeroxeneradores, as liñas eléctricas de evacuación e subestacións e outras infraestruturas de almacenaxe. Estas construccións destrúen a cuberta vexetal e, coma neste caso, drenan zonas húmidas brañentas ou turbosas destruindo totalmente hábitats prioritarios, fogar de plantas protexidas e reservorios de auga. Tamén son importantes as afeccións á fauna, nomeadamente ás aves.
As colisións coas palas dos aeroxeradores son frecuentemente constatadas por numerosos grupos ecoloxistas e científicos, xa que os impactos aumentan cando a néboa cubre os muíños (algo moi frecuente), impedindo ás aves advertir que unha pala de 30 m se achega a toda velocidade. A dramática consecuencia é a morte de numerosas aves, mesmo especies protexidas e escasas, que rematan ao pé dos muiños coas patas, ás ou cabeza seccionada.
Xa que ADEGA non poido impedir as obras de construcción do parque eólico da Toxiza, en plena área protexida, queremos demostrar agora coas con estas imaxes a destrucción do medio que están a provocar, para que a cidadanía, e sobre todo as administracións sexan conscientes dos graves impactos ambientais que estas instalacións causan nos espazos protexidos. Queremos tamen chamar a atención sobre a prática ausencia de políticas públicas promotoras do aforro e a eficiencia enerxética, o que faría innecesario despilfarrar máis recursos e producir máis enerxía, aínda que fora limpa.
RESPONSABLES:
CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados