http://galizanonsevende.org/?p=58
Novembro 22nd, 2007. Por O Fervedoiro en Denuncia
O estado do Río Umia segue a ser unha desas preocupacións da veciñanza absolutamente alleas para os gobernantes, tanto a nivel local coma nacional. Foron continuos durante este verán os vertidos de augas fecais ao Gallo, que pasa por ser un dos principais afluentes do Umia antes do Encoro da Baxe. Precisamente o estado desta presa -en Caldas de Reis- non deixa de situarse na fronteira do paranormal: a contaminación é evidente e innegábel eningún responsábel políticovai alén das baleiras declaracións. Pola contra, no canto de procurar solucións ao problema de saúde pública que constitúe, o que se fai é permitir a construción dunha nova minicentral (a que se está a levantar entre as aldeas da Laxe e da Ermida, entre Moraña e Cuntis). As augas do Umia resisten como poden cargándose de todo tipo de lixo e axentes nocivos, os últimos onte mesmo, cando a terra e o lodo das obras de construción da Variante Leste de Caldas eran arrastradas pola choiva até o leito fluvial.
As continuas denuncias do Fervedoiro perante calquera vertido no Gallo obtiveron por fin resposta por parte do Concello de Cuntis. Descoñecemos datos concretos das operacións e resultados de informespero o que si temos que dicir é que dende a inspección na rede de sumidoiros, non se volveu ter constancia de máis vertidos de fecais no leito deste afluente do Umia.
As augas e todo o que con elas van río abaixo van parar, en primeira instancia, ao Encoro do Umia (A Baxe, Caldas de Reis). Para coñecer o estadodeste nada pode substituír a un visita para comprobar de primeira man o que alí se pode atopar. É interesante coñecer tamén a súa historia, o que non fai máis ca multiplicar a xenreira e os desexos impuros que agroman ao contemplar a paisaxe coa que nos agasallan as podres augas encoradas do Umia. Dende os comezos, todo o que atinxe ao Encoro do Umia é necesariamente polémico e escuro, mais no últimosquince meses aproximadamente, tamén é verde. A gama cromática non remata aquí: quen non lembra o turquesa Brenntag do setembro de 2006?
Proba do desinterese por parte dos gobernantes con respecto a este asunto é a construción dunha nova minicentral no Río Umia, o chamado Salto da Ermida. De novo, contra a vontade dos veciños e veciñas afectadas que contestaron a imposción da que son culpábeis os tres partidos políticos do Parlamento Galego.
Sen deixar de ter presente estes feitos, o que nos queda é ter que atender día si e día tamén a outras agresións “menores” e “puntuais”, como a que se producía onte mesmo en Segade (Caldas de Reis).Do xigantesco viaduto que se está a construír neste lugar e por enriba deste río como parte da nova Variante Leste, as augas arrastraron terra, barros e lodos ás augas do leito do río. A cor tornouse acastañada no centro da vila caldense non permitindo albiscar a fondo do río. Unha vez máis, as obras que nos han achegar tanto progreso deixan moito que desexar no que se refire a respecto polo medio. A resposta da administración cárgase de propaganda e publicidade a eito. Anúnciase grande Plano de Rexenaración e medidas para rematar cos vertidos, pero menosprézase a contaminación, ignóranse os vertidos e desprézase o posíbel perigo que podería constituír dentro duns anos un novo encoro.
RESPONSABLES:
CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE
MINISTERIO DE MEDIOAMBIENTE
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados