http://www.cutmedioambiente.org/
Segundo informa o xornal La Voz de Galicia na súa edición do venres 21 de decembro, axentes do SEPRONA tomaron declaración como posibles imputados polo caso do Encoro da Fervenza a dous altos cargos da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, entre os que se atopa o Director Xeral do Organismo Autónomo Augas de Galicia, José Luís Romero Valeiras. Así tamén prestou declaración en representación da empresa o Conselleiro Delegado de Ferroatlántica, José Luís González-Faba.
Semella que o proceso seguido polo xulgado de Corcubión deu un novo xiro nas súas investigacións sobre os feitos acontecidos en novembro no río Xallas, logo da entrada dos axentes do SEPRONA na sé de Augas de Galicia o pasado 20 de novembro, e agora, con esta posible imputación a altos cargos da Consellería que foron asistidos polos seus avogados durante as súas declaracións.
Todo isto confirma as informacións que dende a CUT responsabilizaban non só á empresa de Villar Mir pola sobre-explotación do Xallas, senón tamén, e especialmente, a altos cargos da Consellería de Medio Ambiente que se inhibiron ante unha desfeita ambiental anunciada.
RESPONSABLES:
Director Xeral do Organismo Autónomo Augas de Galicia, José Luís Romero Valeiras
Conselleiro Delegado de Ferroatlántica, José Luís González-Faba.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados