http://www.vieiros.com/nova/62908/adega-denuncia-unha-illa-fluvial-amurallada-en-fornelos-de-montes
|
DEGA condena as obras no río Oitavén, en Fornelos de Montes, por consideralas un grave atentado contra o ecosistema fluvial e ripícola. Amurallouse unha illa no río á ribeira dereita, enchendoa con maretiais dragados do leito do río para nivelar o terreo co murallón, talándose grande parte da vexetación autóctona de ribeira, tanto arbórea como arbustiva.
|
ADEGA - 14:38 14/12/2007
Con esta delirante obra impídese o paso natural de fauna ao río, modificando radicalmente a súa dinámica, ao alterar a súa morfoloxía con muros artificiais e eliminar sedimentos do seu leito, alén de danar o bosque de ribeira.
Estas obras, totalmente innecesarias, foron financiadas polo Concello de Fornelos de Montes, despilfarrando cartos públicos que poderían ser investidos noutras actuacións acaídas e beneficiosas para os cidadáns e para o medio.
Ademais as obras foron concibidas como unha “restauración ecolóxica” do lugar, cando en realidade non son máis que unha antropización e urbanización dun río, concepto completamente contrario ao obxectivo inicial, o que resulta claramente contradictorio e incoherente e demostra a falta de respeto e de criterio sobre o medioambiente.
RESPONSABLES:
CONCELLO FORNELOS DE MONTES
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados