http://www.verdegaia.org/content/view/416/139/
|
RESPONSABLES: CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE CONCELLO XINZO DE LIMIA Luns, 03 de Decembro do 2007 |
|
|
A asociación ecoloxista Verdegaia denuncia que no monte en Mancomún denominado O Mato, situado na parroquia de Boado, no concello de Xinzo de Limia estanse a repartir terreos pertencentes a dito monte, o cal vai contra a lei, xa que o monte en mancomún é indivisíbel. Así mesmo, nesta zona estase a aumentar a superficie de cultivo a costa da tala indiscriminada de bosque autóctono (freixos, carballos, bidueiros e, sobre todo, acivro), estas talas comezaron sen permiso, polo que oSeprona xa as multou con 100 €, pero rapidamente conseguiron un permiso “exprés”. Verdegaia tamén denunciaa tala de vexetación de ribeira no regato da Veiga, así como a modificación do cauce do mesmo coa terra sacada na preparación dos novos terreos de cultivo, tanto dunha beira do río (Boado, Xinzo de Limia), como da outra beira, quepertence aoutro concello. Dende Verdegaia, preguntámonos se estas actuacións teñen que ver coa declaración de zona ZEPA e se realmente se pode crer que, despois dunha denuncia ante o Seprona, tanto os membros do goberno do Concello como a oposición, non saiban nada deste asunto. |
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados