Publicidad:
La Coctelera

Galicia Denuncia

Espacio para Denunciar en el ámbito de Galicia. Comienza en la CATEGORIA: DECLARACION DE INTENCIONES

23 Diciembre 2007

Verdegaia alerta do risco de destrución de parte do bosque de ribeira da Lagoa de Budiño

http://www.verdegaia.org/content/view/345/141/

Sábado, 25 de Agosto do 2007

Unha superficie de 4 ha ocupada polo bosque de ribeira da Lagoa de Budiño (hábitat de protección prioritaria prá UE) podería ser aterrado nos vindeiros meses logo da recente modificación do PXOM do Porriño (Decreto 139/2007) na área natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Verdegaia non entende como a Consellaría do Ambiente e o Concello do Porriño autorizan a eliminación dun terreo de altísimo valor ecolóxico, fundamental para a conservación da Lagoa de Budiño e acubillo de fauna en perigo de extinción para a construción de equipamentos deportivos.

O polígono das Gándaras comezouse a erguer sobre a Lagoa de Budiño a finais dos anos sesenta seguindo as directrices dun Plano Parcial obsoleto que agora se pretende completar co aterramento do bosque enchoupado que aliás constitúe a principal zona de entrada de auga á lagoa. A lexislación ambiental estabelece que son os PXOM e Planos Parciais os que se deben adaptar ás figuras de protección ambiental e non ao contrario como está a acontecer nas Gándaras. Por esta motivo Verdegaia esixe que non se destrúa o bosque e que toda a parcela volva formar parte da Rede Natura como o fixo até o ano 2004. Verdegaia tamén rexeita a construción dun parque de bombeiros en terreos da Lagoa de Budiño. Un uso incompatíbel coa conservación da avifauna que, como todo o polígono, adoece de barreiras de isolamento acústico.

RESPONSABLES:
CONCELLO O PORRIÑO
CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE

servido por JESUS sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de JESUS

Galicia Denuncia

PORTO DO SON, España
ver perfil »
contacto »

Fotos

JESUS MARTINEZ todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera