http://www.vieiros.com/nova/62577/os-universitarios-galegos-quedan-sen-acceso-a-blogger

Redacción - 12:50 30/11/2007
O blogue de María Amelia foi censurado, por estensión


O blogue de María Amelia foi censurado, por estensión

Segundo unha información que deixaba esta quinta feira xoanp no Open Vieiros, os usuarios da RECETGA, o servizo do CESGA (Centro de Supercomputación de Galiza) que dá acceso a internet aos sete campus universitarios galegos e aos centros tecnolóxicos dependentes da Xunta, recibiron un aviso dos administradores da rede que lles falaba dun estraño requerimento do Ministerio de Industria: había que pechar o acceso a unha serie de páxinas ultradereitistas onde se atacan a produtos e empresas de orixe catalá, ao goberno español e aos nacionalismos en xeral.

Na listaxe de páxinas hai varias aloxadas nos servidores de Blogger, que foron finalmente bloqueadas polo CESGA, ante a imposibilidade de vetar o acceso a nivel URL, polo que optaron por cortar o acceso a estas páxinas filtrando as IP's asociadas a estas webs.

Daquela, como conta xoanp, os universitarios galegos non poden acceder a un dos servizos de publicación de blogs máis empregados, con páxinas como a de María Amelia, a famosa avoa blogueira, así como o blog persoal do Secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco (www.elcuadernodepepeblanco.blogspot.com).

A censura a estas páxinas ampárase na coñecida LSSI (Lei de Servizos da Sociedade da Información), aprobada polo anterior goberno estatal.

RESPONSABLES:
MINISTERIO INDUSTRIA
GOBIERNO DE ESPAÑA