http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=696&Itemid=2
28 de novembro de 2007. ADEGA ven de denunciar ante o Seprona de Lalín o inicio dunha concentración parcelaria na parroquia de Vilatuxe (Concello de Lalín). Membros do Seprona confirmaron a ADEGA que o inicio das obras carece dos permisos preceptivos, como por exemplo un estudo de impacto ambiental necesario por afectar ao LIC Serra do Candán, pertencente á Rede Natura. A empresa responsábel da desfeita é “Francisco Gómez y Cia S.L.” de Touro, posiblemente subcontratada por SPI con enderezo en Santiago de Compostela, adxudicataria das obras.
O estudo de impacto ambiental da concentración está en periodo de exposición pública dende o día 2 de novembro durante 30 días hábiles. Ao non estar rematado o prazo de exposición pública nin emitida a correspondente declaración de impacto, a empresa adxudicataria dos traballos está cometendo irregularidades graves que deberán ser obxecto dunha sanción exemplar por tratarse dun espazo natural protexido. Neste senso, ADEGA esixirá ás consellerías competentes, Medio Rural e Medio Ambiente así como ao Concello de Lalín, a inmediata paralización das obras e a apertura dos correspondentes expedientes sancionadores.
RESPONSABLES:
"CONCELLO LALIN"
"CONSELLERIA MEDIO RURAL"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados