http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2007/11/24/0003_6344892.htm

El BNG de Lourenzá pide al concello que «de forma inmediata solucione os graves problemas que hai no ximnasio, pois moitos deles atentan contra a seguridade física e contra a hixiene persoal e colectiva dos usuarios».

«Os usuarios soportan unhas condicións de uso terceiromundistas -explican- e incluso perigosas en algúns casos. Ademáis as deficiencias están levando a unha perda importante de usuarios e unha perda de dereitos para os veciños».

«A xente case ten que usar bufandas, pois hai que soportar temperaturas case que de cero graos nesta época do ano, dado que a calefacción non funciona ou non queren que funcione porque así gástase menos en gasoil -denuncia el BNG-, en bastantes ocasións non se pode dispor de auga quente nas duchas, tendo que marchar a xente sen ducharse para a casa».

«Parte das máquinas e aparatos, moitas de segunda man, teñen folguras por todos os lados, aparte de estar oxidadas e sen topes ou pezas de uso, tendo que aportalos os usuarios en algún caso. Das cintas de correr só se pode utilizar unha das dúas que existen, dado que si se usan as dúas saltan os limitadores e as bicicletas estáticas están nun estado lamentable», concluyen desde el BNG.
RESPONSABLES:
"CONCELLO LOURENZA"