http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=363
| Amigos da Terra, desde o seu departamento xurídico, comeza a traballar para a protección das Covas do Rei Cintolo no ano 2001, a través da interposición de diferentes escritos xurídicos dirixidos ás diferentes administracións competentes, concello de Mondoñedo e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, co fin de que se nomearan ás Covas con algunha figura de protección oficial e que se suspenderan as obras de recepción e acondicionamento para uso turístico das mesmas o que ía afectar irreversiblemente ao estado natural das citadas Covas.
Aos documentos xurídicos do 2001 lle sucederon outros no seguinte ano dirixidos incluso, ao Valedor do Pobo Europeo e para o 2003 se elevou á Consellería de Medio Ambiente co fin de que esta nomeara as mentadas Covas, Monumento Natural. O espazo natural das Covas aparece na delimitación de espazos naturais da provincia de Lugo (Normas complementarias e subsidiarias de planeamento da provincia de Lugo). Ás Covas aplícaselle o disposto na Ordenanza Reguladora de Solo non Urbanizable de Protección de Espazos Naturais dispón que so se permite a explotación racional dos recursos vencellados ao medio que non atente contra os valores esenciais que se protexen, é dicir, permitiríase a explotación turística pero non se autorizaría a construción de ningunha clase de edificación dentro da limitación do espazo. A intención así, do concello de Mondoñedo de executar unha obra de accesos e un centro de recepción de visitantes e aula xeolóxica, topa así dende os seus inicios coa oposición de diferentes organizacións que, como Amigos da Terra, vían neste proxecto un caso de especulación cos recursos naturais desa zona. O peso na zona de todas as denuncias e oposicións públicas ao proxecto o levou a Federación Galega de Espeleoloxía que, recentemente, acaba de obter o recoñecemento da súa loita a través dunha setenza do TSX de Galicia que estima o recurso contencioso-administrativo interposto pola Federación e anula e deixa sen efectos a intención da administración de licitar, mediante concurso, a obra de recpción de aula xeolóxica e de novos accesos. Coa publicación desta sentenza vida deste estrato xudicial vaise por fin ás ameazas de especulación que afectarían irreversiblemente ás Covas e conséguese así unha base xurídica para evitar o deterioro ambiental das mesmas segundo os proxectos que tiña programados o concello de Mondoñedo. |
| -----------------------------------------------------------------
Enviado pormontse.valencia.
|
RESPONSABLES:
"CONCELLO MONDOÑEDO"
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados