http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=344

A revista de tirada estatal INTERVIU elabora, apoiada e asesorada por Amigos da Terra, unha reportaxe sobre vertedoiros na Galiza no seu último número.

Foron tres intensas xornadas de viaxe para facilitar a información in situ dalgúns dos vertedoiros e verquidos máis aberrantes da paraxe galega. Desde o primeiro momento, a reporteira da revista e o fotógrafo da mesma, estiveron acompañados e asesorados pola técnica ambiental de Amigos da Terra, Paula Lubián, quen guiou a visita e achegou información sobre as toneladas de residuos e augas fecais que os representantes da revista puideron ver de primeira man.

A bela paisaxe do Courel acolle dous grandes vertedoiros que, precisamente nestes días, se anunciaba pola Consellería de Medio Ambiente o selado e clausura dos mesmos mediante financiación pública que ascende aos 200.000 euros. Tamén houbo espazo para ollar a tremenda cicatriz da montaña que fai a canteira A Campa neste mesmo municipio lucense de Folgoso do Courel.

Por outra banda, o grupo comarcal de Pontevedra de Amigos da Terra, foron quen de organizarlles unha entrevista co presidente de mariscadores de Arcade, na ría de Vigo, o cal amosou a súa preocupación por unha ría que pretende ser proposta como zona da Rede Natura 2000, sendo por outra banda, vítima da concentración de fecais por obsolescencia e desfase da depuradora.

Laracha tamén foi obxecto de visita de Interviuú e Amigos da Terra, para comprobar a realidade do cemiterio de pneumáticos no perímetro dunha fábrica, co conseguinte risco de incendios, proliferación de roedores e mosquitos propagadores da encefalites infantil

-----------------------------------------------------------------

Enviado pormontse.valencia.

RESPONSABLES: