http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=331
Na praia da Magdalena, de Cedeira (A Coruña) estase producindo unha salvaxe deforestación, con tala de árbores, como mostran as imaxes que se inclúen a seguir.
A praia da Magdalena ten por detrás da cima da duna principal, e nunha distancia duns sesenta metros ata chegar ao paseo marítimo denominado Camiño Real da Magdalena, paralelo á duna, unha zona de arborado e vexetación que medra lentamente debido a estar asentada sobre area, pero que dalle a súa propia personalidade a devandito espazo natural.
Baixo a cobertura legalista dunha estornela controlada de ramas sobrantes e árbores secos, estase procedendo, en realidade, á corta de troncos centenarios (cuxa reposición a curto prazo é imposible) e realizando un clareo sistemático da zona.
A tala salvaxe levanta sospeitas por facerse ao servizo de intereses urbanísticos que pretendesen apurar os prazos de demora na aplicación da Lei de costas e toda serie de subterfuxios legais, quizais para acaparar os traballos de execución de obras públicas ou privadas.
Fonte: Herodoto (Cedeira)









Ou ben, puidese tratarse simplemente dunha intervención no espacio natural arborado contiguo ao areal sen os permisos preceptivos que, pretendendo “alixerar a vexetación”, ou “mellorar as vistas”, levaría á súa desertización a curto prazo, o que permitiría construír no mesmo, prazas ou outros elementos urbanísticos.
RESPONSABLES:
"CONCELLO CEDEIRA"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados