http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=319
A Plataforma contra a piscifatoría de Quilmas (Carnota) convoca unha manifestación contra o proxecto de construción dunha macropiscifactoría neste enclave da costa galega.

O novo Plano Acuícola da Xunta de Galicia prevé a ampliación da piscifactoría en máis de 250.000 m2 da Rede Natura.

Amigos da Terra, como entidade integrada na Rede Litoral Vivo, apoia esta manifestación que terá lugar no Porto de Quilmas o sábado 21 de xullo ás 17h.


RESPONSABLES:
"XUNTA DE GALICIA"
"CONCELLO CARNOTA"