http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=383

A pesar de que a Consellería de Medio Ambiente anunciaba o derribo do cercado en maio deste ano, despois das xestións acordadas entre ésta e a empresa explotadora do coto de caza, Tecsagés, quedaba conveniado o levantamento do citado cercado por considerar que se estaban causando prexuízos a unha zona de alto valor ecolóxico nomeada "Lugar de Importancia Comunitaria".

Ademais, a Consellería se comprometía, tamén, ao acondicionamento do lugar e, todo elo, financiado con cartos públicos.

Debido á actual e aparente inactividade administrativa, Amigos da Terra acaba de enviar un escrito á Consellería de Medio Ambiente solicitando información sobre a fase na que se atopa o acordo de supresión do valado, denunciando así esta situación.

Mentres tanto, a fauna continuando estando pechada nun recinto autorizado polo anterior goberno autonómico baixo unhas condicións manifestamente irregulares e que implican un grave prexuízo, tanto para o entorno natural, flora e fauna, como tamén para os propios veciños que xa amosaran a súa oposición ao coto de caza e ao valado.

Amigos da Terra
iniciara, dentro do Comité en Defensa do Monte Galego, accións encamiñadas a reivindicar a liberdade desta paisaxe, unha das fragas de bidueiros máis importante de Galicia e continuara o traballo mediante andainas e grupos de ecovixías que se desprazaron ao lugar solicitando o levantamento do valado e a mellora ambiental da zona.

Son 737 Has. valadas o­nde se executan batidas de caza maior, o que produce unha serie de impactos ambientais negativos á par que desvirtúa o exercicio da caza convertendo a zona valada nun matadoiro de xabarís, corzos, cervos e muflóns amén do pisoteo, sobrepastoreo, roza, apertura de pistas, aumento de presenza de vehículos e persoas e, inevitablemente, un efecto barreira o que conleva a unha perda de biodiversidade no lugar.

Amigos da Terra esixe a pronta actuación da Consellería tendente a clarificar por qué continua o peche cinexético do Bidueiral de Montederramo e, seguidamente, o levantamento propio do mesmo.

Ecovixías no Bidueiral de Montederramo

Decisión de liberar o Bidueiral

-----------------------------------------------------------------

Enviado pormontse.valencia.

RESPONSABLES:
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
"EMPRESA:TECSAGES"