http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=267

Xoves, 26 Abril, 2007 - 08:57


A asociación ecoloxista acaba de emprazar ao Servizo de Protección da Natureza de Vigo para que inspeccione a orixe destes escombros situados preto do cemiterio desta localidade redondelá.

A creación dun vertedoiro composto por escombros, cascallos e entullos de obra xera a emisión de partículas consecuencia da acumulación e trituración dos mesmos sen medidas que palíen esta situación.

A creación de vertedoiros clandestinos de residuos responde á irresponsabilidade de empresarios inconscientes do dano que causan ao medio ambiente, alén da ilegalidade na que incorren.

Administración e Seprona deben traballar man a man para que a investigación destes casos non quede sen a titularidade dun “propietario” e da súa impunidade.

No Plan Nacional de Residuos de Construción e Demolición (2001-2006) establecíase a necesidade de xestionar especificamente os residuos de construción e demolición xa que representan un impacto sobre o medio ambiente ao mesmo tempo que se establecía un marco para o seu correcto reciclaxe e valorización.

A maior parte destes residuos lévanse a vertedoiros que quedan rapidamente repletos e que producen un gran impacto visual e paisaxístico. Hai outro impacto ecolóxico negativo: a dilapidación de materias primas que non se reciclan.

Noutras Comunidades Autónomas, xa se están a facer estudos para avaliar as cantidades e tipos de residuos de construción e demolición (RCD´s) que o sector xera.
Realizando unha predición dos residuos xerados nas obras, coñeceranse as necesidades do sector para compatibilizalas co respecto ao medio ambiente.

Os plans de control de residuos en obras de construción, presentan claros beneficios medioambientais favorecendo a xestión dos vertedoiros e, por outro lado, reducindo o gasto en materias primas terá como principal consecuencia a preservación dos recursos naturais e a sustentabilidade.

-----------------------------------------------------------------

Enviado porAmigosdaTerra.

RESPONSABLES:
"CONCELLO VIGO"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
OS INFRACTORES