Publicidad:
La Coctelera

Galicia Denuncia

Espacio para Denunciar en el ámbito de Galicia. Comienza en la CATEGORIA: DECLARACION DE INTENCIONES

13 Noviembre 2007

Amigos da Terra denuncia as talas indiscriminadas que se suceden nos bosques galegos

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=290

Os bosques en Galicia son a miúdo vítimas de malas decisións administrativas cuxo único resultado son as incidencias negativas sobre o medio natural.

Tal é o caso da tala de ameneiros que recentemente se levou a cabo no concello de Oleiros.

O municipio coruñés de Oleiros ven de sufrir a tala duns corenta ameneiros.

A iniciativa desta tala ven dun particular que solicita autorización á Consellería de Medio Ambiente.

Esta autoriza dita masacre a través do Distrito Forestal II de A Coruña co que, sen máis dilacións, se procede á corta das corenta árbores duns 12 metros de altura e que circundan o río.

O ameneiro é unha árbore de primeira liña nos ríos galegos. Forman parte dos bosques de galería e se fixan perfectamente nas riadas, amén dos usos medicinais e artesanais que ten.

É unha árbore moi importante xa que forma auténticos bosques de galería, sendo un potente sistema de desenvolvemento superficialmente e tamén nas beiras o­nde se suxeita fortemente evitando desbordamento dos ríos e dando refuxio a moitas especies acuáticas.



Polo contrario, a solicitante da autorización se basea na necesidade de leña para xustificar a tala.

O propio concello de Oleiros mostrou á entidade ecoloxista a súa “indignación pola tala salvaxe” levada a cabo e autorizada pola Consellería de Medio Ambiente.

Amigos da Terra, pola súa parte, enviou un escrito á citada Consellería solicitando unha explicación na que basear dita decisión e o informe técnico que avala a mesma.

Neste sentido, Amigos da Terra ven de presentar unha denuncia ante o concello de Ourense debido á tala de seis sobreiras centenarias xunto á Igrexa da Asunción descoñecendo, polo momento, as razóns esgrimidas polo concello para autorizar esta corta.

-----------------------------------------------------------------

Enviado pormontse.valencia.

RESPONSABLES:
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
"CONCELLO OLEIROS"
"CONCELLO OURENSE"

servido por JESUS sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de JESUS

Galicia Denuncia

PORTO DO SON, España
ver perfil »
contacto »

Fotos

JESUS MARTINEZ todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera