Amigos da Terra critica a tala de seis sobreiras centenarias xunto á Igrexa da Asunción en Ourense
http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=268
| Xoves, 26 Abril, 2007 - 10:14 |
![]() A entidade ecoloxista está facendo averiguacións tendentes a coñecer cal é a xustificación para proceder á tala destas árbores que datan de principios do século pasado. A zona onde se atopan estas árbores está sufrindo obras de edificación o que provoca diversos escombros, areas, po, ruído e introdución de maquinaria pola finca. Amigos da Terra recibiu ao longo destes días, continuas queixas e denuncias de cidadáns que ven un fatal erro a corta destas sobreiras. Desde o concello de Ourense, alegan que estaba proxectada dita corta no proxecto de obras do lugar e que procederon, entón, a súa autorización.
Non deixa indiferente a ningún cidadán, o feito de autorizar esta tala logo de aprobarse recentemente, o Decreto 67/2007, de 22 de marzo, regulador do Catálogo de Árbores Senlleiras no que se reflicte a importancia das árbores como patrimonio natural histórico e vencelladas a tradicións populares.
|
| -----------------------------------------------------------------
Enviado porAmigosdaTerra.
|
RESPONSABLES:
"CONCELLO OURENSE"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"


Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados