http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=246

Venres, 30 Marzo, 2007 - 11:02

Amigos da Terra ven de denunciar ante a concellalía de medio ambiente do concello redondelá, os vertidos de entullos, cascallos e anacos de asfalto que unha empresa de telecomunicacións produciu, logo de facer obras de instalación de cableado.

As agresións que sofre a Enseada son case continuas. Un lugar cun valor ecolóxico altísimo, sendo ademais Lugar de Importancia Comunitaria e integrante da Rede Natura desde o ano 2001, pero moi pouco valorado polo concello.

Son varias as asociacións, coma o grupo comarcal de Pontevedra de Amigos da Terra, e mesmo particulares, os que denuncian as agresións á zona, á ría e ao monte.

Recentemente, no “Lago dos Bébedos”, en A Portela, se realizaron tamén obras de recheo para a instalación dun novo poste e dun transformador por parte dunha empresa irresponsable, ademais da de telecomunicacións citada, producindo diferentes vertidos que posteriormente, e logo do traballo feito polos colectivos do lugar, foron, por fin, recollidos.

As organizacións da localidade deben estar sempre alerta e coidar de que o concello se axuste á normativa regulada ao efecto.
Pero parece que o executivo local valora máis a autorización de accións que repercuten negativa e directamente no ben da zona que de coidar a mesma desde un punto de vista ambiental.

Lembrar que a pertenza á Rede Natura europea supón unha protección legal outorgada desde a propia Europa a través da Directiva Hábitats.

Existen na Enseada cinco hábitats de interese comunitario e dúas especies animais que obtiveron o mesmo rango. Son 2252 Has. de espazo protexido, caracterizado tamén por ser un espazo intermareal dominado por superficies lamanceto-areeiras cubertas por praderías de algas.

REPSONSABLES:
"CONCELLO REDONDELA"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
OS INFRACTORES