VERTEDOIRO Baños de Molgas (Ourense)
Baños de Molgas (Ourense)
Cúmulo de tejas en el entorno del Arnoia (concello de Baños de Molgas).

RESPONSABLE:
"CONCELLO BAÑOS DE MOLGAS"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
Espacio para Denunciar en el ámbito de Galicia. Comienza en la CATEGORIA: DECLARACION DE INTENCIONES
11 Noviembre 2007
Cúmulo de tejas en el entorno del Arnoia (concello de Baños de Molgas).

"CONCELLO BAÑOS DE MOLGAS"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):
gonzalo blanco dijo
Canto máis lixo bota o Concello da Gudiña máis incendios se producen no vertedoiro ilegal
A Gudiña 24 de Xuño de 2008. O foco contaminante sitúase a carón da vía do tren Ourense-Zamora no lugar coñecido como "A Airiña". O Concello da Gudiña realiza a recollida domiciliaria do lixo e deposítaa nun vertedoiro ao aire libre, basculando os camións da recollida doméstica directamente no monte, arredor das instalacións do Punto Limpo, que permanece aínda sen estrear desde que foron rematadas as instalacións en 2005.
--------------------------------------------------------------------------------
Esta conducta infrinxe disposicións legais que emanan directamente das Directivas comunitarias.
Por si este dano ambiental non abondase, periodicamente persoas descoñecidas prenden lume aos refugallos provocando incendios que son moito máis detectabeis no verán, coa conseguinte ameaza para os montes circundantes e tamén pondo en perigo a circulación ferroviaria da liña Ourense-Zamora.
Postos en comunicación co Xefe de Distrito de Medio Rural da zona ratifica que os axentes forestais levan levantado infinidade de actas de infracción por estes feitos.
Como vén denunciando ADEGA as instalacións dos Puntos Limpos contruídos pola Consellaría de Medio Ambiente e, cuxa xestión corresponde aos concellos, non están abertos e en fucionamento na maioría dos casos.
Pola contra, neste caso concreto, o Punto Limpo, denominado con retranca "Punto Porco" polos veciños forma parte, paradoxicamente, do Plan Xeral de Adecuación, Selado e Clausura de Vertedoiros.
Estes proxectos, cofinanciados pola Unión Europea, estaban destinados a contribuir a reducir as disparidades sociais entre os cidadáns da Unión formando parte do Plan Xeral, e englobado no marco do Programa de Rexeneración de Espazos Degradados, a Consellería de Medio Ambiente do anterior governo de Manuel Fraga elaborou o Plan Xeral de Adecuación, Selado e Clausura de Vertedoiros, no que se formulaban as estratexias e solucións necesarias para a adecuación, selado e clausura dos vertedoiros e puntos de vertidos incontrolados existentes.
Este Plan pretendía dotar a Galicia das infraestruturas precisas para a recollida selectiva dos residuos e, ao mesmo tempo que se executaban estas actuacións, abordaban a clausura dos actuais vertedoiros, que se atopan prohibidos desde 2002.
mais informacion
www.adega.info
24 Junio 2008 | 11:31 PM