| http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=371 |
A cidade das Burgas ven de recibir o asentamento dun circo que emprega animais salvaxes no seu espectáculo tales como leóns, elefantes, panteiras, dromedarios, ponys arxentinos e hipopótamos.
Sobra dicir o réxime ao que se veñen sometendo estes animais nas instalacións circenses, os viaxes e os traballos aos que se escravizan para deleite do público.
A Lei 1/1993 sobre animais salvaxes e domésticos en catividade regula esta actividade dun modo moi somero e polo tanto, permitindo o emprego destes animais dunha forma discrecional co que deixa ao descuberto o pouco compromiso legal de cara á protección dos animais.
Así, na lei se recolle a expresa prohibición do uso de animais en espectáculos, pelexas, festas populares e outras actividades se elo puidera causarlles danos, sufrimentos ou facelos obxecto de tratamento antinatural, pero o obxectivo de Amigos da Terra é ademais conseguir o máximo respecto e protección xa que, por todos é sabido, cómo se veñen adestrando os animais salvaxes en circos (violencia, extirpación de uñas e dentes.....).
As ordenanzas municipais do concello de Ourense non regulan nada ao respecto pero desde o colectivo ecoloxista vaise solicitar a visita ás instalación de inspectores que corroboren o estado dos animais e a situación hixiénico-sanitaria dos mesmos amén dos permisos municipais que deben estar en posesión dos xerentes das instalacións.
Impunidade. Coa escusa do entretenemento, centos de animais son torturados salvaxemente nos circos.
Un dos problemas aos que se someten os animais consisten en que os circos non poden mantelos dunha forma acorde coa especie debido ao troco continuo de domicilio, mentres que outros propietarios poderían principalmente dispoñer de cercados axeitados á especie. Os animais salvaxes están perpetuamente expostos ao estres dos espectáculos e ás malas condicións de mantemento causadas pola falta de espazo.
O mantemento e a participación de animais perigosos nos espectáculos de animais, require un contacto directo do adestrador co animal, chamado “direct contact”. Para conseguir isto hai que quebrar a vontade dos animais á forza, xa que teñen que aceptar a súas coidadores como superiores e intanxibles.
Un aspecto adicional representa o perigo para o home. Manter animais salvaxes grandes e fortes en contacto directo nos circos, pode ser perigoso e regularmente ocorren accidentes graves.
Non se pode xustificar, ni por razóns éticas ni por razóns de protección animal o das especies o mantemento de animais salvaxes nun circo. Existe unha crecente concienciación da sociedade respecto aos dereitos dos animais. De feito, os espectáculos con animais véñense prohibindo en varios países da Unión Europea e en cidades como Río de Janeiro ou Barcelona.
Existen moitas formas de facer circo que son respetuosas e non implican a explotación de animais. Cada vez son máis os circos que non inclúen animais nas súas funcións e que acadan gran éxito nos lugares que visitan.
RSPONSABLES:
| "PARLAMENTO GALEGO" |
| "CONCELLO OURENSE" |

Escribe un comentario