http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=228

Como consecuencia da denuncia que Amigos da Terra interpuxo en novembro de 2.006, realizada ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e remitida á Confederación Hidrográfica do Norte, AQUAGEST, S.A. é sancionada por Resolución do Ministerio de Medio Ambiente ao pago de 30.050,62€ e á obriga de repor as cousas o seu estado primitivo.

Os feitos son consecuencia da derivación de augas e das obras ilegais acometidas por AQUAGEST, S.A. no encoro de Castadón.

O encoro de Castadón ven sendo obxecto de presunta mellora para o subministro de auga potable á cidadanía ourensá.

Preténdese aumentar a capacidade de subministro e almacenamento reparando a galería de toma e instalando unha condución de fundición de 700 milímetros de diámetro dende a galería do encoro ata a estación de bombeo co presunto fin de aumentar a capacidade de abastecemento de auga potable para Ourense.

Así mesmo, estase presuntamente, aumentando a captación de auga do encoro a través da galería, o que puidera dar lugar a non respectar o caudal ecolóxico regulamentariamente previsto, que é aquel necesario para manter o río nunhas condicións que permitan o mantemento de vida ecolóxica e máis tendo en conta que este río discorre baleiro case 8 meses ao ano.

Elo supuxo deixar sen auga o encoro durante a execución das obras o que conlevou a unha perda da biodiversidade danando gravemente a riqueza piscícola e a flora do lugar.

As obras se están levando a cabo nun solo de dobre protección: forestal e espazo natural, coa conseguinte perda de biodiversidade animal e vexetal e así, producíndose problemas ecolóxicos tendentes a acabar cos hábitats de flora e fauna.

A Confederación Hidrográfica do Norte decidiu por dúas ocasións incoar expediente sancionador contra AQUAGEST, S.A. acordando impor sancións por importe de 450€.

Ademais, desde o Organismo de Conca sinalan a falta de autorizacións da empresa para facer estas obras.

De todo isto parece desprenderse a presunta apropiación de Fondos Europeos destinados á obra de mellora do encoro que non parecen coincidir cos proxectos ata o de agora executados por AQUAGEST, S.A. en connivencia co concello de Ourense.

-----------------------------------------------------------------

Enviado porAmigosdaTerra.

RESPONSABLES:


"EMPRESA: AQUAGEST, S.A."

"CONCELLO OURENSE"

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

"CONFEDERACION HIDROGRAFICA NORTE"