http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=381&Itemid=2
San Sadurniño, 22 de xaneiro de 2007. A actidude hostil do concello de San Sadurniño perante á nosa organización ecoloxista e de arroupe da comisión de un delito por parte da empresa Cuíña S.A. fannos acudir ao Valedor do Pobo apresentando unha reclamación.
Recentemente apresentamos denuncia no concello de San Sadurniño con respeito a existencia dunhas obras ilegais no interior da Canteira “O Capelo”, propriedade da empresa “Cuíña S.A.” na medida en que ese entorno está catalogado como Espazo de Protección Forestal, impedindo isto a instalación de unha nova empresa como pretenden coas obras que están executando.
O concello non só non realiza a paralización cautelar inmediata das obras como lle demandamos en cumprimento das súas responsabilidades, senón que, se permiten incumprir a lexislación vixente ao solicitar acreditación da persoa que realiza a denuncia (a Lei 27/2006 sobre Dereito de Acceso á Información en materia de Medio Ambiente permite acceder a esta información a calquer persoa).
Consideramos isto unha maniobra de perda de tempo para facilitar a continuación das obras. Comunicarlles asemade que a nosa organización ecoloxista apresentou denuncia perante o servizo do SEPRONA pola existencia das obras e a permisividade do concello de San Sadurniño.
RESPONSABLES:
| "CONCELLO SAN SADURNIÑO" |
| "EMPRESA: CUIÑA S.A." |
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados