http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=181
|
Logo da ecovixilancia que realizaron os voluntarios o pasado sábado, comprobouse, novamente, que os escombros e refugallos seguen estendéndose polas fincas de Peliquín.
Fixo un ano dende que o servizo xurídico de Amigos da Terra interpuxo unha denuncia ante o concello de Ourense para reclamar a limpeza dos vertedoiros incontrolados e solicitar a apertura da investigación dos responsables dos mesmos. Días despois do envío do escrito ao concello ourensá, o Seprona verificaba a existencia dos vertedoiros compostos por electrodomésticos vellos, pneumáticos usados, mobiliario... Esta situación é atentatoria contra a natureza, por canto os compoñentes dos residuos alí abandonados, puideran por en maior risco de incendio a zona e provocando, así mesmo, unha situación de perigo para a saúde pública.
Os veciños, fartos de reclamar e protestar por esta situación e vendo que non se procedía a limpeza algunha, puxéronse en contacto de novo, coa asociación ecoloxista, quen chamou directamente ao servizo de limpeza do concello. Este alegou que estaba aberta a investigación para esclarecer quen son os responsables e quen é o propietario da finca onde están depositados os escombros e lixo, xa que será sancionado e obrigado a facer a tan reclamada limpeza. A día de hoxe, e varios meses despois, a situación segue a ser a mesma coa agravante dos incendio deste verán, que incrementaban a ameaza e o risco, e o deixamento por parte da entidade local. RESPONSABLES:
|

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados