Publicidad:
La Coctelera

Galicia Denuncia

Espacio para Denunciar en el ámbito de Galicia. Comienza en la CATEGORIA: DECLARACION DE INTENCIONES

23 Octubre 2007

AdT é insultada por un membro do concello de Cerdedo

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=220

departamento xurídico da asociación ecoloxista galega recibe insultos vexatorios por parte do Xefe de Obras do concello de Cerdedo, en Pontevedra, quen está organizando unha montería de xabarís para o sábado 24 e domingo 25 de febreiro nos montes do concello e estando, dita montería, desautorizada pola Xunta de Galicia.

Amigos da Terra despois de recibir unha denuncia sobre a inminente realización dunha montería de xabarís no concello de Cerdedo, comeza a indagar sobre a existencia ou non de autorizacións pertinentes para facer a citada montería.

Logo de porse en contacto co concello, verifica a ineludible montería para a fin de semana. Posteriormente, e tras conversar co Subdirector de Recursos Cinexéticos da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e co responsable da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra sobre a materia, efectivamente corrobora a sospeita de desautorización por parte destes organismos de levar a cabo tal montería.

Unha vez coñecido este dato, a asociación contacta novamente co concello que lle facilita o teléfono da persoa organizadora da montería.

Esta persoa fala co departamento xurídico da asociación o cal lle informa da imposibilidade de poder levar a cabo a batida pois carecen de autorizacións, pero dito organizador procede a rebater esa información con insultos e facendo caso omiso da información proporcionada.

Esta persoa admite estar ao tanto da desautorización da montería por parte da Xunta de Galicia, pero que iso non lle suporá ningún impedimento para facela e se basa na necesidade de xabarís para proceder á celebración da festa do pobo.

Amigos da Terra ven de emprazar ao Servizo de Protección da Natureza de Pontevedra para que mañá se persone no concello e impida a execución da montería.

Tamén comunica a situación á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e ao responsable da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra na materia.

Así mesmo, está pendente de falar co alcalde do concello de Cerdedo para que lle esixa ao Xefe de Obras do mesmo, que se retracte e pida desculpas polos improperios soltados.

RESPONSABLES:

"Xefe de Obras do concello de Cerdedo"

servido por JESUS sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de JESUS

Galicia Denuncia

PORTO DO SON, España
ver perfil »
contacto »

Fotos

JESUS MARTINEZ todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera