http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=602&Itemid=2
21 de agosto de 2007. ADEGA esixe a inmediata paralización das obras da central hidroeléctrica do Salto da Hermida no termo municipal de Cuntis polos danos de carácter irreversíbel no entorno, ao tempo que piden explicacións tanto ao Delegado Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra como á Alcaldía de Cuntis por non ter feito o seguimento das obras, que a día de hoxe están a invadir mesmo camiños públicos.
ADEGA lembra que esta é unha máis das agresións padecidas polo Umia, un río que é de vital importancia para o abastecemento de auga a máis de 100.000 veciños, polo que de non adoptarse as medidas de paralización e revisión do actuado anuncia a presentación das denuncias oportunas para evitar que unha vez máis o Umia se deixe en mans especulativas que atentan contra os intereses xerais
Esta nova obra hidráulica no Umia representa a posibilidade de que se repita o problema ambiental e sanitario que se padecéndo coa Microcystis no encoro de A Baxe en Caldas, que obrigou ás autoridades da Xunta a adoptar medidas de protección para abastecemento de auga á poboación, con inxentes investimentos do erario público. Como é sabido esta microalga vólvese tóxica en augas estancadas e eutrofizadas, polo que non se pode consentir que a maiores do dano paisaxístico e ambiental se produzan prexuízos de carácter sanitario cando a única xustificación destas obras no Umia é o rendimento económico do río.
Asimesmo ADEGA lembra que no mes de setembro foi presentada no Concello de Caldas unha moción polo BNG, que foi aprobada polo pleno, pedindo á presidencia da Xunta de Galiza o estudio da viabilidade do desmantelamento do encoro como única medida para a erradicación da toxicidade producida pola Microcystis. ADEGA apoia esta petición que a día de hoxe non ten contestación por parte do goberno da Xunta, a pesares de que está avalada por diversos científicos de distintas universidades que ven necesaria para a recuperación integral do Umia a eliminación das obras que afectan ó cauce natural do río e que non se demostren estrictamente necesarias para o interese xeral.
RSPONSABLES:
| "CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE" |
| "CONCELLO CUNTIS" |
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados