Publicidad:
La Coctelera

Galicia Denuncia

Espacio para Denunciar en el ámbito de Galicia. Comienza en la CATEGORIA: DECLARACION DE INTENCIONES

23 Octubre 2007

30-S: manifestación en Ferrol. PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=640&Itemid=2

domingo 30 de setembro ás 12 da mañá, convocados/as polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que fai parte ADEGA, manifestarémonos dende o porto ao Concello de Ferrol, DEMANDANDO:

Ao governo central, que non aprobe a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.Á Xunta de Galiza, que renuncie á herdanza envelenada dda era Fraga e reoriente a súa política sobre REGANOSA para deixar de ser unha ameaza para o ambinte a vida de miles de persoas. Ao Concello de Ferrol, que se dirixa ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA. Ao Concello de Mugardos, que revise as licenzas e acordos con REGANOSA, para que deixe de ameazar a vida da veciñanza.
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!! PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN!!

MANIFESTO DE INTELECTUAIS E ARTISTAS CONTRA DUNHA PLANTA DE GAS NO INTERIOR DA RÍA DE FERROL E APOIO A MANIFESTACIÓN DO DIA 30 DE SETEMBRO DE 2007.
Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol. Unha planta de gas que Reganosa está construíndo -sen ter acreditado que cumpre coa lexilación vixente- nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida quedaría ameazada en caso de entrar en funcionamento. Igualmente, a súa presencia suporía un risco permanente, xunto ó engadido polo complexo petroquímico chamado “Forestal del Atlántico S.A.” e a entrada de buques gaseiros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.
Igualmente, no caso de entrar en funcionamiento, Reganosa ameazaría a riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores. Así mesmo, seria un grave obstáculo para a declaración de Patrimonio da Humanidade, proposta para os castelos e arsenais, ademas de provocar perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.
Os abaixo asinantes denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na autorización da súa construcción, en canto a distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para unha saída de urxencia dos buques gaseiros, co cal non estarían salvagardadas nin as persoas nin os seus bens.
Por todo isto, manifestamos:
1. A nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.
2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.
3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.
Manifesto INTELECTUAIS.doc Sinaturas de intelectuais e artistas
RESPONSABLES:

"GOBIERNO DE ESPAÑA"

"XUNTA DE GALICIA"

"CONCELLO FERROL"

"CONCELLO MUGARDOS"

servido por JESUS sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de JESUS

Galicia Denuncia

PORTO DO SON, España
ver perfil »
contacto »

Fotos

JESUS MARTINEZ todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera