http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=345&Itemid=2

Ourense 23 de Novembro de 2006. ADEGA-Ourense vén de tomar coñecemento da importante Sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense polo que se declaran ilegalizábeis ás naves que posúe a empresa mercantil HNOS. CARRAJO S.A. no medio do cemiterio municipal da Vila de Verín.
ADEGA valora como moi positivo o fallo xudicial que volve pór de relevo a nefasta xestión urbanística e de redacción das normas do Plano Xeral de Ordenación Municipal que está a realizar o actual equipo de governo municipal conformado pola coalición Psoe-Independentes de Ver-in. Este posicionamento xudicial volve retomar ás cuestións do ultimatum que dera o Grupo Ver-In, do Tenente Alcalde Sr. Harguindey, no mes de maio deste ano ao Grupo do BNG forzándoo a que legalizara ditas instalacións industriais baixo ameazas de expulsión e ruptura do governo, feitos que aconteceron, como todos lembraremos coa connivencia do Sr. Alcalde Sr. Emilio Afonso.
Non é tarefa habitual dunha asociación ecoloxista solicitar demisións ás persoas ou grupos que ostentan responsabilidades de xestión pública, máis no exercicio dos dereitos e liberdades conferidos aos colectivos no marco constitucional vixente e, en defensa do exercicio da acción pública do dereito urbanístico, como actividade democrática participativa atribuida, demandamos que, por decencia política, cesen nos seus cargos tanto o actual Alcalde coma o Tenente Alcalde, por haber instado aos demais compañeiros da corporación a cometer actos ilícitos baixo as intolerábeis ameazas para forzar a súa expulsión das responsabilidades que viñan ostentando, outorgadas pola cidadanía de Verin.
RESPONSABLES:
PSG
"GRUPO VER-IN"

"Alcalde Verin: Sr. Emilio Afonso"
"Tenente Alcalde Verin Sr. Harguindey"

"EMPRESA: HNOS. CARRAJO S.A."