http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=283&Itemid=2
Verín 9 de Outubro 2006. ADEGA ven de presentar hoxe, diante do Fiscal Xefe da Audiencia Provincial de Ourense, comparecencia de denuncia pola construción de dous chalets no Camiño da Noria s/n, Pazos (Verín). Para avalar a presunta ilegalidade da construción dos inmobles, a asociación ecoloxista aportou probas da acta de inspección xirada pola Policía Local de Verín na que se demostra que o promotor carece da preceptiva licenza de obras municipal ademais de demostrar con planimetría a súa proximidade (zona de inundación) ao espazo protexido da Rede Natura 2000, Lugar de Importancia Comunitaria "Río Támega".
ADEGA-Delegación Ourense xa solicitara á Dirección Xeral de Urbanismo e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza que inspeccionaran ditas obras e abrisen expediente sancionador contra o Concello de Verín por non paralizar de inmediato ditas construcións ilegais. Cabe sinalar que o Concello de Verín ampárase na solicitude de licenza que fixo o propio promotor dos chalets para non paralizar as obras, aínda que o Plano Xeral de Urbanismo está suspendido por CATRO sentenzas xudiciais do TSXG e o Pleno municipal aínda non levantou o acordo de suspensión provisional de licenzas, por tanto o Concello vese prisioneiro das súa propias decisión e non pode conceder ningún tipo de licenza de obras ata que acorde levantar dita suspensión.
RESPONSABLES:
| "CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE" |
| "CONSELLERIA POLITICA TERRITORIAL" |
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados