http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=575&Itemid=2

17 de Xullo do ano 2006 un verquido industrial iniciado na zona de Conxo provocou a morte de centos de troitas e escalos no río Sar ao seu paso polas parroquias de Vidán e Laraño. A pouco de producirse o verquido os veciños/as de Vidán, Laraño e máis ADEGA actúan coordinadamente co obxecto de que se investigue a autoría do verquido e que se impoñan as correspondentes sancións. ADEGA comprobou que o verquido deixa abundantes rastros na ribeira do Sar que permiten recoñecer o punto de orixe no barrio de Conxo. Segue...


Juan de la Fuente presidente da Asociación de Veciños de Vidán é testigo da recollida de mostras, por parte de técnicos de Augas de Galiza, tanto da auga como de restos dos peixes mortos para a súa análise. A análise da substancia contaminante e o rastro do vertido amosaría sen dúbidas quen é o autor do verquido e se este constitúe un perigo para a saúde pública, ademais dun erigo medioambiental.
ADEGA e os veciños de Vidán e Laraño enviaron unha solicitude de información ambiental no mes de xullo do ano 2006 ao organismo Augas de Galiza que enviou os técnicos.
Unha vez superado o prazo legal de resposta (30 días), enviouse unha queixa ao Valedor do Pobo co obxecto de obter a información solicitada. Sen embargo despois pruducironse sucesivas contestacións “ao despiste”, aducindo que non saben a que vertido se refire Adega e os veciños.
Un total de 3 respostas dando conta de distintos verquidos, tamén denunciados por ADEGA pero que nada teñen que ver co ocorrido o 17 de xullo de 2006 e que ocasionou a morte de centos de peixes no río Sar.
Estas contestacións son intencionadas para evitar o coñecemento dos culpables por algún escuro motivo. ADEGA xa ten solicitado en varias ocasións o cesamento do Presidente de Augas de Galiza, Sr Jorge Santiso, velaí outra razón máis que demostra a deixadez de funcións deste organismo, e a necesidade do cese do seu presidente.
Resposta do Valedor do Pobo a ADEGA:
RESPONSABLES:

"AUGAS DE GALICIA"

"Presidente de Augas de Galiza, Sr Jorge Santiso"

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"