http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=567&Itemid=2
23 de xullo de 2007. ADEGA-Ourense ven de denunciar as importantes desfeitas que están a ocasionar talas incontroladas de árbores nas ribeiras do río Támega, concretamente na zona coñecida como “Bosque do Pracer” no concello de Verín. Constitúe este espazo integrado na denominada Rede Natura 2000 un dos poucos bosques autóctonos que restan na comarca de Monterrei, tra-os incendios devastadores dos veráns de 2005 e 2006 que deixaron asolados os bosques da comarca.
ADEGA cualifica está actividade coma un verdadeiro atentado contra a natureza e o contra o propio río Támega. Cabe lembrar a actuación decidida que está a levar a asociación ADEGA nos últimos anos en defensa deste río, concretamente a Delegación de Ourense que o tomou e adoptou como río de referencia dentro dos obxectivos que nos fixamos de defensa da denominada Rede Natura 2000.
| "CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE" |

QUEMAS DE MALEZAS EN EL RIO TAMEGA!!!
Ourense. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de ter coñecemento de queima de maleza nas marxes do río Támega en pleno mes de decembro.
Este “atentado ambiental” enmarcase dentro das actuacións que están a levar a cabo a Confederación Hidrográfica do Douro en convenio coa Consellaría de Medio Ambiente e o Concello de Verín.
Os traballos conveniados consisten na limpeza, desbroce e corta de vexetación “sobrante” nas marxes do río Támega. Cabe lembrar que as ribeiras do río Támega están conformadas por un bosque dos chamados “de ribeira” onde destacan, entre outras, as especies dos enormes freixos e amieiros da flora constitutiva da vexetación atlántica e mediterránea que deron lugar a declaración de Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) en decembro de 2004. Todo o cauce do río Támega é unha zona L.I.C. e está protexido por importantes normas de orixe, do chamado dereito comunitario europeo, entre elas, as fundamentais Directivas de Aves (1979) e Hábitats (1992)
As actuacións de queima de maleza están sendo executadas pola empresa semipública de traballos agrarios (Tragsa), de tan malos recordos para os grupos ambientalistas e a sociedade en xeral, cando impediu a nosa actuación na limpeza da costas e praias afectadas polo derrame do Prestige. Algún exemplo de queima de maleza pódese observar para os medios gráficos hoxe mesmo ao carón da Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP de Verín).
ADEGA considera que hai métodos máis respectuosos co río e coa flora e fauna que a queima de maleza, como poden ser o apilamento para posterior descomposición da mateira orgánica ( sistema de compostaxe)
ADEGA-ourense
delegacion prensa
gonzalo blanco
www.adega.info