http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=638&Itemid=2
26 de setembro de 2007. Augas de Galiza impide a ADEGA e veciños/as de Cerceda dispor da información que está exposición pública. A información do proxecto de enchido da mina de Meirama a exposición pública na Delegación de Augas de Galiza na Coruña, non se pode fotocopiar para realizar alegacións. Estes son os feitos que impiden coñecer un importante proxecto que quere encher de auga a mina de Meirama, similar ao proxectado para as Pontes.
A información a exposición pública non está dispoñible para fotocopiar co cal só se pode examinar no local de Augas de Galiza na Coruña mentras estean en xornada laboral. Un proxecto dunha notable complexidade científico-técnica e con enormes repercusións ambientais non pode ser examinado polos cidadáns nin polas asociacións ecoloxistas con seriedade. Impídese unha información que debe ser facilitada en base á lei 27/2006 de Información Ambiental “preferentemente mediante formato electrónico”.
O “normal” nestes momentos sería que se dispoña da información en canto sae a exposición pública e que estea dispoñible “vía web” ou CD, como é o caso doutros proxectos doutras administracións. Deste xeito o Ministerio de Medio Ambiente ten unha forma distinta de actuar e facilita os proxectos en CD, por defecto aos interesados, sempre que sae a exposición pública.
Sen embargo en Augas de Galiza parece imposible examinar con rigor a información de ningunha maneira obstruindo a exposición pública. Isto é unha cuestión que o Conselleiro de Medio Ambiente debe coñecer e, sobre todo, resolver porque produce indefensión aos cidadáns ao impedir de feito a transmisión da información.
ADEGA puxo en coñecemento do Valedor do Pobo estes feitos e advirte aos promotores do proxecto que son responsables das consecuencias ambientais e sociais do mesmo e das posibles accións legais a tomar.
Asimesmo ADEGA solicitará á Consellería de Medio Ambiente que facilite a información e dispoña dun novo prazo de alegacións.
RESPONSABLES:
| "AUGAS DE GALICIA" |
| "CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE" |
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados