http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=448&Itemid=2
Ourense 21 de Marzo de 2007. No día Forestal Mundial ADEGA-Ourense quere facer un chamamento ás autoridades, sobre todo municipais, para que extremen o coidado das árbores públicas existentes en parques e xardíns municipais. Demandamos dos concellos un verdadeiro compromiso co coidado da nosa flora autóctona e que o exemplo, comportamento cotián de moitos concellos, acontecido en Nogueira de Ramuín,sirva de escarnio público daqueles prácticas sádicas e insolidarias coa natureza.
Un informe dos Servizos de Montes e Industrias Forestais da Consellaría de Medio Rural, que se lle notificou a ADEGA, cualifica a corta de carballos do Campo da Festa Vello de Faramontaos (Nogueira de Ramuín) que estivera de moita actualidade no mes de xaneiro, como de “decotado brutal que nin tan siquera seguiu pautas tradicionais de aproveitamento de leña, feito sen ningún coñecemento técnico”.
Da lectura do informe, redactado polo miúdo, dedúcese que a “poda” practicada aos cinco carballos centenarios, valiosos nos eidos histórico, cultural e paisaxístico demóstrase que non é certo que as árbores adoecían de doencia algunha, amosando, pola contra, unha vitalidade coherente coa súa idade, agás a nº 5, localizada preto dunha vivenda que ten síntomas de que se someteu a un especial maltrato. Polo tanto, a actuación sobre as árbores foi incompetente e non fundamentada, cunha imaxinaria xustificación en docencias.
En resume, segundo o informe de Medio Rural, o brutal decotado hipoteca irreversibelmente a existencia dos carballos e os paliativos que se recomenda con urxencia os Servizos Técnicos Forestais de Medio Rural tan só alongarían a súa vida, mais “recuperación dos valores que mantiñan”.
Medio Rural aconsella de forma inmediata, para minimizar os danos producidos aos cinco carballos decotados, para evitar podredumes, ataque de fungos e xilófagos, facilitar a escorrentía da auga... os seguintes traballos de cirurxía arbórea:
- Proceder a realizar cortes en bisel onde se aprecian cortes horizontais
- Realizar cortes limpos onde hoxe se aprecian cortes con desgarros.
- Proceder a cubrir as feridas producidas recentemente con pasta cicatrizante.
- Aproveitar a actuación nos danos producidos fai unhas semanas, limpando as feridas producidas fai aproximadamente seis anos prodecendo posteriormente a aplicar pasta cicatrizante.
RESPONSABLE:
| "CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE" |
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados