http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=504&Itemid=2
Ourense 15 de Maio de 2007. Cada certo tempo o río Barbaña vén sufrindo impactos derivados de actuacións agresivas ao ecosistema fluvial. Estes días todos os cidadáns que cruzamos as distintas pontes que atravesan o río no percorrido urbano e os que pasean polas súas ribeiras podemos comprobar como se está procedendo ao desbroce da vexetación de ribeira.
Esta acción non é a primeira vez que acontece; feitos tan lamentábeis coma este no río Barbaña sucédense periodicamente. A estas alturas da primavera pórse a desbrozar a vexetación de ribeira pode considerarse coma un atentado a flora e a fauna que conforman o ecosistema do río.
Adega cualifica estes feitos de lamentabeis por seren mandados executar ao persoal do concello, por parte dunha persoa que se gaba de recuperar as ribeiras dos ríos do concello de Ourense (Enrique Nóvoa) Toda actuación que se queira facer nas ribeiras dos ríos precisa de autorización do organismo competente en materia de policía de augas, neste caso a Confederación Hidrográfica do Norte. Esta actuación está sendo realizada na zona de servidume (espazo de 5 m a cada beira do río) que se atopa moi condicionada polas restrictivas normas da vixente Lei de Augas que non permiten actuacións coma estas sen licenza que só se outorgaría para casos moi concretos e urxentes.
Desde o punto de vista ambiental dita actuación está sendo efectuada na pior época do ano, en período de cría e refuxio para a a rica e variada avifauna do río Barbaña. (Ex; Ponte de Ervedelo)
RESPONSABLES:
| "CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE" |
servido por JESUS
2 comentarios
compártelo
gonzalo blanco dijo
ONDE ESTÁ QUE NON SE VÉ O DELEGADO DO PEPÉ
Adega demanda ao Delegado da Xunta en Ourense a súa actuación na gravísima contaminación do Río Barbaña
Ante a ausencia dos técnicos e pesoal cualificado da Consellaría de Medio Ambiente (Servizo de Inspección Ambiental) e a división das competencias de protección da natureza en dous departamentos da Administración autonómica (Medio Rural e Medio Ambiente) Adega esixe unha resposta por parte do responsábel político do Presidente da Xunta en Ourense. Non podemos esixir eficacia, aptitude nin dilixencia porque, ao igual que na catástrofe do Prestige, a Xunta volve estar ausente. U-la Xunta Sr. Feijoo? Sabe vostede que se produxo a maior contaminación da historia do Barbaña na cidade de Ourense?
Si non ten datos sobre outras contaminación, podemos fornecerllelos nós; 23-04-07 e 27-12-08 son as máis recentes mostras de verteduras ao Río Barbaña pero que non provocaron a masacre devastadora na fauna do río.
Parabéns para a Confederación Miño-Sil
Dada a presenza de metais pesados nas analíticas das augas, como ben revela a Confederación Miño-Sil, e a súa dilixencia en ofrecernos datos a cidadanía debemos recoñecer a súa eficaz actividade neste caso, o que tamén demostra como por primeira vez este organismo é máis axil e eficaz ao ter o seu centro directivo en Ourense, por mor da descentralización dos centros de decisións, e o achegamento ás realidades concretas dos ríos galegaos. Estes datos lévannos a indicar que se debe investigar ás empresas que utilizan metais pesados nos seus procesos produtivos, ao estarmos diante dunha vertedura dunhas dimensión considerabéis, que sería propia dunha grande empresa do Polígono de San Cibrao, segundo todos os indicios das analíticas.
29 Junio 2009 | 07:39 PM