http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=656&Itemid=2
Ourense, 10 de outubro de 2007. ADEGA denuncia a situación do Río Arnoia ao seu paso polos concellos de Cartelle e Ramirás. Desde fai tres meses un control sanitario efectuado pola Delegación da Consellaría de Sanidade, ao comezo da tempada de verán, detectou problemas graves de contaminación das augas que levaron ás autoridades sanitarias competentes a tomar a drástica decisión de prohibir o baño na área recreativa da Pontenova. Éste importante espazo de lecer é unha zona de baño moi frecuentada polos veciños de toda a comarca da Terra de Celanova compartido polos concellos de Ramirás e Cartelle.
Segundo puido saber ADEGA, as causas de contaminación derivarían dunha afectación por “Salmonelosis”, unha bacteria que podería ter a súa orixe nun vertido de leite non procesado, polos ou ovos.
| "CONCELLO RAMIRAS" |
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados