http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=649&Itemid=2

Ourense 5 de Outubro de 2007. ADEGA xunto con 150 veciños (dun total de 312) veñen de presentar alegacións as pretensións dunha cooperativa filial de Coren de instalar unha granxa de cebadeiro de porcos no concello de Cualedro (2161 habitantes), concretamente na capitalidade municipal, Santa María de Cualedro (312 habitantes). A granxa de cebadeiro de porcos estaría a menos de 1Km da última vivenda habitada.


No anteproxecto presentado xustifícase a idoneidade da parcela escollida e a imposibilidade de situar a edificación noutro tipo de solo, entre outros aspectos, ‘Por la inexistencia de alternativas para su ubicación en otro tipo de suelo. (…) Y en el Ayuntamiento de Cualedro no existen áreas definidas y reservadas para suelo urbanizable con uso para este tipo de explotación’.
En trámites un PXOM
Tendo en conta que o concello carecía de Planeamento, agora mesmo está a tramitar, por fin, un Plan Xeral de Ordenación Municipal (atópase en revisión na Dirección Xeral de Urbanismo en fase posterior á a aprobación inicial no concello), ADEGA considera que, tendo en conta as dimensións da granxa que se pretende instalar, o máis coherente e responsábel sería agardar á aprobación deste planeamento para que nun futuro non existan incompatibilidades entre o uso ‘autorizado’e os usos permitidos na, en breve tempo vixente, ordenación urbanística do concello, que soamente produciría discordancias de difícil solución práctica e situacións, nada desexables, de ‘fóra de ordenación’. Por iso ADEGA esixe ao Alcalde que se pronuncie publicamente e responda as lóxicas preocupacións e inquietudes dos seus 150 veciños afectados.
Os veciños de Cualedro afectados e ADEGA presentaron alegacións ante a Xunta, concretamente ante a Dirección Xeral de Urbanismo da Consellaría de Política Territorial para que se denegue a autorización cun informe desfavorábel.
Problemas co abastecemento de auga

Ademais no antreproxecto da filial de Coren indícase que o abastecemento da auga necesaria realizarase extraéndoa dun manancial situado na propia finca.
O consumo de auga necesario cífrase en 48.300 litros/días, mentres que dos cálculos realizados en función dos datos indicados no propio anteproxecto (30 m3/lavado) obtense outra cantidade: a de 78.000 litros/día! As propias cifras fan innesarias máis explicacións, xa que claramente poñen de manifesto a inviabilidade desta extracción, así como as consecuencias negativas que nun futuro provocará sen dúbida (habida conta da insuficiencia de auga dese concello) no propio abastecemento dos veciños. Contaminación de puríns Outro problema é o relativo á contaminación das augas por unha aplicación excesiva de puríns nas parcelas agrícolas onde se esparexerían.
Este impacto non é analizado no anteproxecto coa debida profundidade, xa que sería necesario que se identificase a estimación da produción de puríns dos 6000 porcos e as parcelas agrícolas onde se vai esparexer.
No anteproxecto establece como medida protectora a ‘…distribución del purín en dosis que no superen los 170 Kg./nitrógeno/ha./año …’.
O Anexo I do Real Decreto 324/2000, do 3 de marzo, polo que se establecen normas básicas das explotacións porcinas establece as equivalencias en UGM dos distintos tipos de gando porcino e o contido en nitróxeno dos seus estercos ao inicio do período de almacenamento. O porco de cebo de venda 100 Kg. ten un contido en nitrógeno de Kg/praza/ano (7,25), polo cal (se multiplicamos polos x 6000 porcos, resultaría a cifra de 42.150 nitróxeno/ano. En consecuencia, serían necesarias parcelas cunha superficie de 247,94 ha, para esparcir o purín. Circunstancia esta que, sen embargo, non se acredita no anteproxecto.
Ubicación nun monte incendiado
O máis escandaloso é que se pretende ubicar a granxa de cebadeiro de porcos nunha parcela que foi incendiada en agosto de 2006. Os datos obrantes no Servizo de Montes de Medio Rural, aos que tivo acceso ADEGA, son clarificadores: entre o 10 e o 15 de agosto de 2006 ardeu o monte de Carzoá (ubicación elixida) en 5 ocasións sendo o total de has. calcinadas preto de 33 has. (330.000 m2).
RESPONSABLES;
"EMPRESA: COREN"

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

"CONSELLERIA POLITICA TERRITORIAL"