http://www.espacioblog.com/ortigueira/post/2007/10/04/patrimonio-valora-incoar-expediente-sancionador-relacion-coas#c2533056

A subdirección xeral de Protección do Patrimonio Cultural recoñece que as obras da urbanización Parquemar no contorno do castro Campo da Torre promovida pola empresa Os Celtas, propiedade do irmán do alcalde, poden ser constitutivas dunha infracción administrativa en materia de patrimonio por carecer da preceptiva autorización da entidade. Asimesmo “está a avaliar a procedencia de incoar o correspondente expediente sancionador aos presuntos responsables destes feitos”.

Dende a Plataforma Ortigueira Sostible, consideramos satisfactorio o recoñecemento por parte da Consellería de Cultura das razóns legais que motivaron a denuncia pero calificamos de inconsecuente o feito de que non teñan xa intervido cautelarmente abrindo un procedemento de paralización de obras que están a afectar a un ben inventariado do noso patrimonio



RESPONSABLES:


"XUNTA DE GALICIA"
"CONSELLERIA CULTURA"
"CONCELLO ORTIGUEIRA"

"EMPRESA: OS CELTAS"