Publicidad:
La Coctelera

Categoría: ZAS

Queda paralizada a tala de carballos centenarios en Baio – Zas

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=330

O Pazo do Allo é unha fermosa construción á que se accede por unha impresionante carballeira a cal estaba sendo obxecto dunha tala indiscriminada.

Dita tala está paralizada.

Amigos da Terra, pese a non ter recibido a resolución que corresponde ás dúas denuncias interpostas fai un mes, segue considerando un ataque ecolóxico a estes carballos centenarios non atopando ningunha explicación a tal feito senón se pensa en intereses particulares ou políticos, de especulación urbanística.

O Pazo do Allo é unha edificación palaciega de estilo gótico, das únicas que se conservan en Galiza desde o século XV. A Deputación de A Coruña mercou estas Torres do Allo consolidándose como un patrimonio material único.

A importancia patrimonial que adquiren as árbores centenarias que te levan no camiño ata o Pazo adquiren un valor que se converte en auténtico elemento dun patrimonio non abondo valorado, como se aprecia ben a miúdo.



Carballeira que sube ao Pazo do Allo

O carballo é, para moitos, símbolo natural, patrimonial e cultural da Galiza, por iso é incomprensible, a pesar das leis que protexen estas árbores, que haxan intereses diferentes aos proteccionistas que pretendan acabar con elas.

Pazo do Allo

Ademais da Lei 9/2001, de Conservación da Natureza, a Lei de Patrimonio de Galicia recolle a posibilidade de que árbores que formen parte de conxuntos patrimoniais poidan ser protexidas.

Onde se tiñan que levar a cabo proxectos de recuperación e dinamización de entornos naturais e sobresaíntes coma esta carballeira, se proxectan talas dificilmente xustificables.

RESPONSABLES:
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
"CONCELLO ZAS"

VERTEDOIRO EN ZAS

Zas (A Coruña)

Electrodomésticos, somieres, colchones y restos plásticos abandonados en una zona forestal en San Cremenzo de Pazos (Zas).
Jose Reborido Castiñeira


RESPONSABLES:
"CONCELLO ZAS"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"