Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: TUI

Verdegaia solicita o resgate da concesión dunha explotación de arxila nas Gándaras de Budiño

http://www.verdegaia.org/content/view/348/141/

Martes, 04 de Setembro do 2007
aterro_1rsz.jpg No lugar do Cerquido, concello do Porriño, existe dende hai moitos anos unha explotación de arxila situada no espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro malia que no ano 2004 foi desanexada da Rede Natura permanecendo como SRPEN no PXOM do Porriño.

      Como resultado da actividade extractiva formáronse dúas barreiras que, tras o abandono da actividade, foron colonizadas por unha grande cantidade de flora e fauna do espazo protexido. Entre a fauna destacaba a presenza do sapoconcho (Emys orbicularis), especie en perigo de extinción segundo se recolle no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007) e de Interese Comunitario segundo a Directiva 92/43 CEE o que obriga a designar Zonas de Especial Conservación e a fornecerlles unha protección estrita.
      No ano 1998 unha das barreiras foi aterrada sen aviso previo e con materiais alleos á explotación o que provocou a morte de 13 dos 20 sapoconchos que moraban nela. Dende aquela até agora véñense facendo movementos esporádicos de terra, pensamos que co único fin de evitar a caducidade da concesión, entre outras cousas, para favorecer a reclasificación do SRPEN a Solo Industrial.
      Na actualidade a Subdirección Xeral de Recursos Minerais está a solicitar do concesionario a extracción de áridos sen ter en conta os graves prexuízos ambientais que isto vai ocasionar: graves afeccións a flora e a fauna, mais non so:

      • Eliminaríase o talude de terra que separa visual e acusticamente o espazo protexido da autovía Porriño-Tui.
      • Neste talude aniña todas as primaveras e veráns a andoriña das barreiras (Riparia riparia), especie que ten neste lugar a única poboación estival do espazo protexido e unha das poucas da Galiza.
      • Baixo este talude vive a única poboación por nós coñecida da outrora abondosa planta carnívora chamada papamoscas ou rorella (Drosera rotundifolia). Calquera modificación do terreo provocaría a desaparición desta poboación.
      • Hai pouco foi visto na barreira un xuvenil de garza imperial (Ardea purpurea) especie catalogada de Interese Especial pola Directiva 79/409/CEE o que é mostra da potencialidade deste lugar.
      • A barreira e as zonas anexas son utilizadas polo sapoconcho (especie para a que se esixe un Plano de Recuperación dada a súa crítica situación a nível galego) a pesar das alteracións ilegais sufridas na contorna no ano 2004 (construción dun muro de pedra, alongamento dunha pista encol dos hábitats prioritarios da Turbeira do Cerquido e atoamento do rego que comunicaba a barrreira coa turbeira).
      • Na turbeira citada moran tres plantas en perigo de extinción a nível galego e rexistradas no Libro Vermello da Flora Vascular Ameazada de España.

      RESPONSABLES:
      "CONCELLO O PORRIÑO"
      "CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

      Continúan as obras ilegais no espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

      http://www.verdegaia.org/content/view/362/141/

      Mércores, 19 de Setembro do 2007

      cerquido_murets_copeken.jpgA asociación ecoloxista Verdegaia alerta de que a pesar das denuncias realizadas a finais do mes de xuño, a empresa Transportes Marsou segue a obrar ilegalmente nunha parcela clasificada como Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais (SRPEN) no PXOM porriñés.

      aterro_cerquido_copekena.jpg Segundo a información da que dispomos e en contra do anunciado nos medios de comunicación, o goberno municipal non decretou a paralización da obra nin remitiu o expediente á Consellaría de Política Territorial. Lembramos que a parcela aterrada se encontra na chaira de inundación do río Louro xunto á Turbeira do Cerquido, un dos ecosistemas máis fráxeis e valiosos da área protexida.

      RESPONSABLES:
      CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE
      CONCELLO O PORRIÑO
      CONCELLO SALCEDA DE CASELAS
      CONCELLO TUI
      "EMPRESA: TRANSPORTES MARSOU"