Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: SANTIAGO DE COMPOSTELA

Novos verquidos en Redondela e Santiago de Compostela

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=528&Itemid=2

de xuño, día do medio ambiente. ADEGA quere dar a coñecer novos verquidos na xeografía galega. O máis grave en Redondela que tinguiu de amarelo dende primeiras horas da mañá a auga do rio Alvedosa. Esta inusual cor indícanos a procedencia industrial do verquido. A orixe podería estar situada no Polígono Industrial de Amoedo, cuestión que está sendo investigada pola Policía Local de Redondela e máis por membros do SEPRONA. No entanto o SEPRONA non destacou precisamente pola súa celeridade xa que apareceu 4 horas despois do primeiro aviso do verquido e sen equipo necesario para a toma de mostras.


Isto provocou o malestar dos veciños xa que aparentemente existiu falta de interese por resolver o problema. Quizais a falta de medios do SEPRONA está na causa das deficiencias detectadas para poder investigar a orixe do verquido, pero isto afecta aos cidadáns que descoñecen as substancias que contaminaron onte Redondela, e como puido afectar á Ría de Vigo ou mesmo se pode derivar nun problema de saúde pública.
Dende ADEGA quérese sinalar que a orixe dos verquidos non é difícil de determinar xa que deixan abundantes rastros que se poden seguir facilmente no momento, agora ben, hai que estar no momento xusto e ter interés por atopar aos responsables.
Por outra banda en pleno centro Santiago de Compostela rexistrouse o luns pola noite un pequeno verquido de augas fecais. O verquido non ten relevancia polo seu volume pero si é destacable que afectou á entrada do lago do Auditorio de Galiza, un lugar rodeado de xardíns en plena cidade que xamais poderiamos sospeitar que ten risco de sufrir un verquido de augas residuais.
Estes feitos poñen de relevancia a carencia en Galiza de sistemas de saneamento de augas residuais axeitados ás necesidades de cidades, vilas e aldeas. Mesmo hai que destacar malos exemplos como o Milladoiro que foi construido sen un axeitado dimensionamento da rede de saneamento e do sae un regato de augas contaminadas, especialmente en época de chuvias.
O exemplo negativo do Milladoiro lonxe de pertencer ao pasado está de actualidade hoxe en día. Concellos como o de Barro planifican a expansión da capital municipal, San Antoniño, sen construir unha depuradora que poda absorver as augas residuais da rede actual nin moito menos dos novos edificios previstos. Máis de 600 novas vivendas en San Antoniño e unha depuradora nova que só pode tratar 500 habitantes equivalentes.
RESPONSABLES:
EMPRESA POR IDENTIFICAR
"SEPRONA"

Verquido de augas residuais no Paxonal


http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=533&Itemid=2
Compostela 7 de Xuño de 2007. Outro día, outro verquido. Apenas unhas horas despois de coñecer o verquido de augas residuais no Auditorio de Galiza volvemos a estar na mesma. Esta vez o damnificado, como non, é o río Sar. O culpable o colector de augas residuais que debe estar atascado ou roto.

O verquido procede de debaixo da canalización que atravesa o río Sar no Paxonal, xa que antes desta ponte a auga estaba limpa. Os responsables do mantemento do colector deben ser determinados e, sobre todo, debe solucionarse o problema. Este mesmo colector xa desprendeu augas residuais a semana pasada, segundo indicaba unha veciña da zona, pero era menos intensa que a deste día 7 de Xuño.
Finalmente ADEGA quere agradecer aos cidadáns que informen cando vexan estes verquidos. O primeiro paso para resolver os problemas ambientais é dalos a coñecer para que se tomen medidas que impidan a contaminación recurrente do Río Sar e doutros ríos da comarca.
RESPONSABLES:
IDENTIFICALOS!!

As obras de acondicionamento dun Hotel de Brandía están a provocar unha desfeita no Río Sar

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=573&Itemid=2

Compostela 29 de Xullo de 2007. Dende ADEGA-Compostela queremos salientar que, sendo unha actuación positiva a rehabilitación de edificios antigos e emblemáticos en equipamentos turísticos, o impacto sobre o medio natural debe ser mínimo a hora de acometer as obras.

Segundo puidemos comprobar in situ, a destrucción do bosque de ribeira no río Sar é total na zona onde se vai instalar o novo complexo hoteleiro. Todo indica que estas actuacións están adicadas a erradicar a flora autóctona presente nas marxes do río para logo diseñar un xardín con especies ornamentais, o que supón unha degradación dos nosos ecosistemas fluviais tan maltratados de seu pola contaminación, vertidos, encoros, industria, urbanismo, etc.
Dende ADEGA-Compostela reclamamos o respecto que estas zonas merecen por ser a protección natural das marxes do río e constituir un reservorio da biodiversidade dos nosos ríos, así como co compromiso que temos na implantación da Directiva Marco da Auga da Unión Europea sobre a conservación e calidade dos nosos ecosistemas fluviais.
RESPONSABLES:

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"
PROMOTOR DE LA CONSTRUCCION SIN IDENTIFICAR

Troiticidio no Sar: un ano sen resposta

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=575&Itemid=2

17 de Xullo do ano 2006 un verquido industrial iniciado na zona de Conxo provocou a morte de centos de troitas e escalos no río Sar ao seu paso polas parroquias de Vidán e Laraño. A pouco de producirse o verquido os veciños/as de Vidán, Laraño e máis ADEGA actúan coordinadamente co obxecto de que se investigue a autoría do verquido e que se impoñan as correspondentes sancións. ADEGA comprobou que o verquido deixa abundantes rastros na ribeira do Sar que permiten recoñecer o punto de orixe no barrio de Conxo. Segue...


Juan de la Fuente presidente da Asociación de Veciños de Vidán é testigo da recollida de mostras, por parte de técnicos de Augas de Galiza, tanto da auga como de restos dos peixes mortos para a súa análise. A análise da substancia contaminante e o rastro do vertido amosaría sen dúbidas quen é o autor do verquido e se este constitúe un perigo para a saúde pública, ademais dun erigo medioambiental.
ADEGA e os veciños de Vidán e Laraño enviaron unha solicitude de información ambiental no mes de xullo do ano 2006 ao organismo Augas de Galiza que enviou os técnicos.
Unha vez superado o prazo legal de resposta (30 días), enviouse unha queixa ao Valedor do Pobo co obxecto de obter a información solicitada. Sen embargo despois pruducironse sucesivas contestacións “ao despiste”, aducindo que non saben a que vertido se refire Adega e os veciños.
Un total de 3 respostas dando conta de distintos verquidos, tamén denunciados por ADEGA pero que nada teñen que ver co ocorrido o 17 de xullo de 2006 e que ocasionou a morte de centos de peixes no río Sar.
Estas contestacións son intencionadas para evitar o coñecemento dos culpables por algún escuro motivo. ADEGA xa ten solicitado en varias ocasións o cesamento do Presidente de Augas de Galiza, Sr Jorge Santiso, velaí outra razón máis que demostra a deixadez de funcións deste organismo, e a necesidade do cese do seu presidente.
Resposta do Valedor do Pobo a ADEGA:
RESPONSABLES:

"AUGAS DE GALICIA"

"Presidente de Augas de Galiza, Sr Jorge Santiso"

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"