http://www.ferrol-concello.es/ampliar.aspx?id=347
Os concelleiros de Urbanismo, Angel Mato, e Medio Ambiente, María López, anunciaron onte a paralización cautelar dos traballos de tala de árbores nun dos montes do lugar de Pereiro-Vilabuide, concretamente onde se atopa o xacemento arqueolóxico de Castrelo de Gafos.
Mato explicou que o pasado venres, a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, remitía ao concello ferrolán un escrito solicitando a paralización dos devanditos traballos por afectar directamente a esta zona de protección arqueolóxica. Así as cousas, as Concellerías de Urbanismo e Medio Ambiente ordearon á Policía Local a apertura dunha investigación para determinar se os ditos traballos contaban coa autorización oportuna e ver se a intervención afectara ao xacemento.
Ese mesmo día, axentes municipais levantaban un atestado no que facían constar que o titular da empresa que estaba a realizar os traballos de tala aseguraba posuir un permiso expedido pola Consellería de Montes, con data de 9 de setembro, se ben os axentes non obtiveron en ningún momento copia do documento.
Como queira que a día de hoxe, o concello segue sen recibir o papel que acredite a autorización para traballar nesta zona, e ante a posibilidade de causar danos nos restos arqueolóxicos, o edil de Urbanismo asinou esta mañá a orde de paralización cautelar e inmediata de tala e extracción de madeira e calqueira outra acción, obra ou movemento de terras nese lugar. Asemade, tamén ordeou a Policía Local que realice labores de vixianza para garantir a efectividade da medida.
O concello deu conta da decisión adoptada á delegación provincial da Consellería de Cultura e Deporte, así como á de Medio rural.
RESPONSABLES:
EMPRESARIO SIN IDENTIFICAR






Verdegaia ven de denunciaro abandono dun vehículo completamente enferruxado nos cantís do Cabo Prior (Covas), Concello de Ferrol, a escasos metros do faro existente. O abandono deste vehículo, do que só queda o chasis, a carrocería e o motor, efectuouse nunha zona declarada como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C. "Costa Ártabra") e como Zona de Especial Proteción para as Aves (Z.E.P.A. "Costa de Ferrolterra-Valdoviño").