Publicidad:
La Coctelera

Categoría: NOGUEIRA DE RAMUIN

Unha proba de motocross ilegal en Nogueira de Ramuín causa unha desfeita ambiental

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=665&Itemid=2

Ourense 29 de outubro de 2007. ADEGA tivo coñecemento a través de denuncias veciñais da celebración da proba motociclista de enduro organizada polo Motoclube A Peroxa e o Concello de Nogueira de Ramuín contando coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense; patrocinaron a proba, pola información aparecida en distintos medios de comunicación e nos programas de man entregados ao público, entre outros os seguintes organismos e entidades: Fundación Deporte Galego, Paradores de Turismo, Federación Galega de Motociclismo, 40 principales-Cadena Ser, Caixa Galicia, Iberdrola, Coca Cola, CEPSA, KTM, revista Moto Verde, revista Motociclismo e distintas casas comerciais de Nogueira de Ramuín e do resto de Galiza.

O percorrido da proba constaba de 36 quilómetros aproximadamente de percorrido con distintas “probas especiais” 1º proba especial Biduedo (treito de 10 Qm.) 2ª proba especial “extrema” a carón do mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil (treito de 2,5 Qm.) 3ª proba cronometrada “Virxen do Monte” (treito de 12 Qm.).
A estes treitos os pilotos da categoría senior dábanlle catro voltas e o resto de categorías tres voltas. Todos os treitos estaban sinalizados con sinais (incluso clavadas en árbores) e con estacas e cinta de balizar de distintas casas comerciais (PIRELLI, HUSQVARNA, CEPSA, YAMAHA, IBERCAJA, CAIXA GALICIA, GROUPAMA SEGUROS…).
En previsión de máis danos nos montes e o alto risco de producirse incendios forestais -tanto polo alto número de vehículos a motor (motos, quads, todo terreos…), pola másiva asistencia de afeizoados, polo estado da vexetación, por ser zona de alto risco de incendios, polo índice de risco diario de incendio forestal (dados da Consellería do Medio Rural, día 12 de outubro ás 13:07 horas o índice de risco era do 69-80% moi alto, día 13 de outubro ás 13:21 horas o índice de risco era do 69-80% moi alto), por estar aínda no periodo de máximo risco de incendios (15 de xuño ao 15 de outubro)…as autoridades competentes deberon realizar as xestións oportunas para suspender, o chamado pola organización, “Master para afeizoados” o domingo día 14”.
Até as 21 horas púdose seguir comprobando os danos en zonas máis inaccesibles por onde discurría a proba “deportiva” (estragamento da cuberta vexetal, erosión, rodeiras de até un metro de profundidade, paso por regatos afluentes do Río Loña e do Río Sil, destrozos nas devasas dos montes xestionados pola Xunta de Galicia, destrozos na capa de rodadura dos camiños forestais, ruidos, moita polveira producida polas motos, e incluso perigo para sendeiristas que usan un treito de pequeno percorrido PR-71 de recente arranxo e sinalización polo Ministerio de Medio Ambiente.
Unha parte da proba discurría polo PR-71, dado que era ponte festiva (12, 13 e 14 de outubro) había sendeiristas que estaban usando este camiño natural tendo que abandonar a zona.
Situación no domingo 14: os axentes forestais intentaron impedir a proba
Os afeizoados que circulaban en motos (non se pode especificar o número exacto, mais sí se pode decir que eran máis de cen cada un coa súa respectiva montura que intentaron facer o mesmo percorrido por onde dicurriu o sábado día 13 a proba do Campeonato de España de Enduro, todos en grupos de 5-10 motocicletas, grupos de toda Galicia e do resto do Estado así como de Portugal) diante da comunicación da prohibición da circulación polo que eles consideraban que era “un circuito autorizado” incluso algún afeizoado chegou a decir “circuito permanente” …ao entender que tal e como lles dixeran os responsables da organización tiñan autorización para pasar polos treitos sinalados, comunicando aos axentes forestais de Medio Rural e as brigadas forestais, practicamente tódolos afeizoados que: “temos autorización concedida polo organizador, Concello de Nogueira de Ramuín e Moto Clube A Peroxa, e ademáis pagamos en concepto de inscripción 9 euros e como poden observar levamos dorsal con nome e apelido na parte frontal das motos polo que podemos circular libremente polas zonas sinaladas para o Campeonato de España…”.
Sen permisos para a proba do día 14 e das autorizacións da Comunidades de Propietarios de Montes en Man Común.
Ás 12:25 aproximadamente, tres motoristas que dixeron ser do Moto Clube A Peroxa, exhibiron tres copias das autorizacións polas que consideraban que non se podía impedir o paso das motos (Subdelegación do Goberno de Ourense, Delegación Provincial de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Ourense e Delegación Provincial do Medio Rural de Ourense, non se facilitou ningunha autorización das comunidades propietarias dos montes veciñais en man común), dícindo os membros do Moto Clube A Peroxa ao mesmo tempo que: “levamos un ano preparando a o Enduro de Luintra, máis de tres meses para sinalizar o percorrido e realizando entrenamentos…e agora supéndenos as actividades, e temos claro que é debido a causas políticas…¿qué mal lle facemos ao monte? noutros lugares non se lles pon atrancos as motocicletas, non somos delincuentes ademáis este monte e para o único que sirve…”.
Permisos presentados pola organización:
Escrito dirixido polo Sr.Alcalde de Nogueira de Ramuín, D. Cesar Parente Pérez a Subdelegación do Goberno. A Subdelegación comunica ao Sr Alcalde que non hai impedimentos para a celebración dos actos do Campeonato de España os días 12, 13 e 14 de outubro. Pondo en coñecemento da Comandancia da Guardia Civil a celebración do devandito campeonato para prestar o oportuno servizo para garantizar a seguridade cidadán e a legalidade vixente.
Comunicación ao concello asinada polo Sr. Subdelegado de Ourense D. Camilo Ocampo Gómez o día 13 de setembro de 2007
Escrito dirixido a Delegación Provincial de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible polo Sr. Alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín o 14 de setembro de 2007.
Por parte da Delegación de Medio Ambiente non se pon ningún problema a celebración das probas de Enduro do Campeonato de España de Luintra os días 12, 13 e 14 de outubro.
Asinan a autorización o Sr. Delegado Provincial D. Francisco J.Fumega Piñeiro e o Xefe do Servizo de Conservación da Natureza D. Agustín Sevilla Briceño.
Escrito dirixido ao Sr Delegado Provincial do Medio Rural polo Sr. Alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín, con rexistro o día 1 de outubro de 2007.
O Sr. Delegado do Medio Rural da Delegación de Ourense autoriza: “…a celebración da proba de enduro do Campeonato de España de Enduro o día 13 de outubro de 2007” na autorización tamén se lle comunica a organización unha serie de normas que teñen que cumplir:
_ Acceso a terreos forestais.
_ Prevención de incendios forestais.
_ Zonas de especial risco de incendios.
_ Autorización sen perxuizo da obtención de outros permisos ou autorizacións perceptivas…
Tendo en consideración os escritos presentados polos representantes da organización do Campeonato de Enduro de Luintra e que diante da falla das autorizacións pertinentes, os axentes forestais comunicáronlle de novo aos representantes da organización que: tendo en consideración os danos producidos tanto nos montes xestionados pola Xunta de Galicia como nos montes privados, nos camiños públicos que pasaban por zonas forestais, a falla de medidas de prevención de incendios forestais nos treitos sinalados (non se desbrozou nin se crearon faixas de protección e prevención pola zona de paso das motos tocando as mesmas, tanto partes metálicas como tubos de escape), o estado da vexetación altamente inflamable –silvas, xestas, toxos, uces, carpazos, queirugas, fentos, piñeiros de repoboacións novas, gramíneas…-, o alto risco de incendios forestais, as condicións meteorolóxicas, por estar en Zona de Alto Risco de Incendios, polo incumprimento da Lei de Montes, da Lei de Incendios e demáis normativa medioambiental…de forma inmediata tiñan que comunicarlle aos responsables da organización do Campeonato de Enduro de Luintra que se tiña que suspender a proba denominada “Master para aficionados” que se tiña que trasladar a información a tódolos afeizoados debido ao incumprimento das normas anteriormente citadas; os axentes forestais solicitaron da Guardia Civil alí presentes que por favor colaboraran no control do acceso ao monte dos vehículos a motor para evitar máis danos aos montes da zona.
Importantes danos producidos:
Realizada unha primeira inspección técnica ocular os danos que se observan afectan especialmente as seguintes zonas e infraestructuras:
_ Dos 36 quilómetros do percorrido da proba, máis do 90% dos mesmos discurrían por zonas e ecosistemas forestais (bosques autóctonos, zonas de repoboacións xovenes, pinares adultos, zonas de bosques de galeria (ripisilvas), zonas de mato (uces, carqueixas, xestas, toxos, silvas…), zonas ocupadas por herbáceas predominando nestas zonas as gramíneas…) na maioría dos treitos tratase de camiños públicos (tanto nos montes consorciados como montes particulares) hai fortes danos na capa de rodadura con até 50 cm. de profundidade polas rodeiras deixadas polo paso continuo das motocicletas, danos máis evidentes en Requeixo, Loña do Monte, Souto, Picornio, Cortecadela,, Biduedo, zona da Vires do Monte…
_ Destrución da cuberta vexetal en moitas zonas de monte, con rodeiras moi profundas e longas, graves problemas de erosión por arrastre de choivas do solo. Pode servir de exemplo o “treito especial da Virxe do Monte” na zona do nacemento do Regato da Boca onde a organización sinalou parte da especial na zona preparada polo Servizo de Montes de Ourense (arada con rexón forestal para repoboación) 1000 metros cadrados aproximadamente de monte quedou totalmente estragada (destrucción dos buratos onde ía ir a planta, da cuberta vexetal, rodeiras de máis de 50 Cm. de profundidade, remoción das distintas capas de solo…).
_ Paso por zonas de regatos afluentes dos ríos Loña e Sil, corte do cauce natural do regato impedindo o discurrir das augas con problemas de erosión, colmatación e posibles danos a fauna acuícola. _ Danos na traída de auga para uso doméstico da aldea de Requeixo polo paso das motos por riba da tubería de conducción.
_ Danos nas devesas do monte consorciado de Carballos da Portela (un dos treitos pasou polas devasas creando nas mesmas un circuito especial con saltos, pasos dos cordóns intermedios…) entre a Virxe do Monte e o Regato da Boca.
_ Explanación realizada na zona dos Sete Camiños onde a organización estableceu un “control horario” (carpas para comisarios, cronometradores, asistencias técnicas para os participantes, lugar de avituallamento…) 900 metros cadrados aproximadamente explanados coa destrucción da cuberta vexetal existente previamente.
_ Acumulación de material sobrante das obras do Parque Eólico que está construindo IBERDROLA botado na devesa existente na cabeceira do nacemento do Regato da Boca para facilitar o acceso a proba especial denominada “Virxe do Monte” ocupados aproximadamente 800 metros cadrados e acumulados unhos 1000 metros cúbicos de solo mineral (sabrego, area…), xa se observan arrastres cara o regato e a vexetación colindante.
_ Lixo deixado polos afeizoados e non recollido pola organización ao longo dos treitos. Sinais, balizas e bandeirolas de dirección (día 17 de outubro aínda estaban sen recoller na zona de Cabeza de Meda), botellas de plástico, papeis, cartóns, cabichas…

RESPONSABLES:

"MOTOCLUBE A PEROXA"

"CONCELLO NOGUEIRA RAMUIN"

"DIPUTACION OURENSE"

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

Informe de Medio Rural sobre a corta de carballos en Nogueira de Ramuín

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=448&Itemid=2
Ourense 21 de Marzo de 2007. No día Forestal Mundial ADEGA-Ourense quere facer un chamamento ás autoridades, sobre todo municipais, para que extremen o coidado das árbores públicas existentes en parques e xardíns municipais. Demandamos dos concellos un verdadeiro compromiso co coidado da nosa flora autóctona e que o exemplo, comportamento cotián de moitos concellos, acontecido en Nogueira de Ramuín,sirva de escarnio público daqueles prácticas sádicas e insolidarias coa natureza.

Un informe dos Servizos de Montes e Industrias Forestais da Consellaría de Medio Rural, que se lle notificou a ADEGA, cualifica a corta de carballos do Campo da Festa Vello de Faramontaos (Nogueira de Ramuín) que estivera de moita actualidade no mes de xaneiro, como de “decotado brutal que nin tan siquera seguiu pautas tradicionais de aproveitamento de leña, feito sen ningún coñecemento técnico”.
Da lectura do informe, redactado polo miúdo, dedúcese que a “poda” practicada aos cinco carballos centenarios, valiosos nos eidos histórico, cultural e paisaxístico demóstrase que non é certo que as árbores adoecían de doencia algunha, amosando, pola contra, unha vitalidade coherente coa súa idade, agás a nº 5, localizada preto dunha vivenda que ten síntomas de que se someteu a un especial maltrato. Polo tanto, a actuación sobre as árbores foi incompetente e non fundamentada, cunha imaxinaria xustificación en docencias.
En resume, segundo o informe de Medio Rural, o brutal decotado hipoteca irreversibelmente a existencia dos carballos e os paliativos que se recomenda con urxencia os Servizos Técnicos Forestais de Medio Rural tan só alongarían a súa vida, mais “recuperación dos valores que mantiñan”.
Medio Rural aconsella de forma inmediata, para minimizar os danos producidos aos cinco carballos decotados, para evitar podredumes, ataque de fungos e xilófagos, facilitar a escorrentía da auga... os seguintes traballos de cirurxía arbórea:
- Proceder a realizar cortes en bisel onde se aprecian cortes horizontais
- Realizar cortes limpos onde hoxe se aprecian cortes con desgarros.
- Proceder a cubrir as feridas producidas recentemente con pasta cicatrizante.
- Aproveitar a actuación nos danos producidos fai unhas semanas, limpando as feridas producidas fai aproximadamente seis anos prodecendo posteriormente a aplicar pasta cicatrizante.
RESPONSABLE:

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

Quen mira polas nosas árbores?

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=660&Itemid=2

http://www.mundogaliza.com/content/view/1829/1669/

17 de outubro de 2007. Todos os meses chegan a ADEGA denuncias de talas de árbores senlleiras que amosan a crecente preocupación da sociedade polo seu patrimonio vexetal. Aínda que as árbores son só unha pequena parte da enorme diversidade vexetal de Galiza, resulta moi significativo que as voces de alarma xurdan da veciñanza preocupada pola perda deste patrimonio. Casos como as talas do barrio de Abella en Lugo, a carballeira de Faramontaos (Nogueira de Ramuín) ou a recente tala salvaxe en Pol, poñen de manifesto que malia á recente aprobación do Decreto SENLLEIRAS.pdf Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, as administracións seguen deixando facer aos fanáticos da motoserra.

Son ben escasas as carballeiras de propiedade pública con que contamos en Galiza. E por se fora pouco, a pésima xestión que algúns concellos fan deste patrimonio pon de manifesto o desleixo e máis a chulería de alcaldes enrocados nunha visión obtusa do "progreso". É o caso da carballeira de Rioxoán, no concello lucense de Pol, na que carballos centenarios acaban de ser talados apesar das voces contrarias da veciñanza e as advertencias de Medio Ambiente.
Este entorno, de singulares valores etnográficos e patrimoniais, inseparabelmente unidos á sua carballeira, constituía unha área de lecer natural para toda a veciñanza alén de regular o microclima. Calquera persoa cun mínimo de sensibilidade polo patrimonio natural e cultural do seu povo, entendería as razóns para protexer e conservar esta carballeira, e para poñela en valor como elemento senlleiro de significado histórico e cultural e atractivo turístico.
En base a estas razóns, ADEGA solicitou da Consellería de Política Territorial a modificación do proxecto da estrada de Meira a Baleira que, ao pasar por Rioxoán, propoñía talar toda unha fila de carballeiras para facer camiños de servizo nas marxes da estrada. Propuxemos deixar o trazado actual da estrada como vía de servizo e deseñar, no seu lugar, unha circunvalación por fora do núcleo rural de Rioxoán ou reducir o ancho da calzada, con beirarrúas en lugar dos arcéns e cunetas que se propoñían no proxecto. Era pois, unha modificación do proxecto que en nada empeoraba a calidade e os servizos que o proxecto anterior podía ofrecer: eis o que significa o desenvolvemento sustentábel.
Así o entendeu a Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial que confirmaba a ADEGA que o proxecto tiña sido modificado para non afectar á carballeira. Ao mesmo tempo, ADEGA presentou ante a Dirección Xeral de Conservación da natureza unha solicitude para que, en base aos valores naturais e culturais desta carballeira, fora incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras (Decreto 67/2007, de 22 de marzo).
Malia a estes trámites, e desoindo as recomendacións da Xunta e as peticións veciñais, o concello de Pol decidíu talar a carballeira. Para ADEGA, este feito non só demostra a absoluta falta de sensibilidade por parte do alcalde de Pol. Constitúe tamén un auténtico escándalo que non pode quedar impune:
-Porque se trata dunha tala innecesaria.
-Porque se ordena unha tala de carballos centenarios que non están xa afectados polo proxecto constructivo da estrada.
-Porque, ademáis, fíxose sen autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (imprescendíbel, xa que se trata dun ben que ten iniciado os trámites para a súa inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras).
Neste senso, agardamos que a Consellería de Medio Ambiente sí demostre a sensibilidade que lle faltou ao alcalde de Pol e proceda a sancionar exemplarmente esta escandalosa actuación. A violación alevosa dunha norma legal (o Catálogo Galego de Árboeres Senlleiras) non pode quedar impune. De qué valerían entón as normas e leis ambientais se se consinte a política dos feitos consumados?. Quen mira entón polas nosas árbores?
RESPONSABLES:

"CONCELLO POL"

"CONCELLO LUGO"

"CONCELLO NOGUEIRA RAMUIN"

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"