http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=340&Itemid=2
Vigo, 21 de novembro. O polígono industrial de Porto do Molle, en construcción nas parroquias de Parada, Nigrán, Camos, e S. Pedro, do concello de Nigrán e en fase de explanación, está destruindo a última zona húmida- subhúmida e boscosa asociada a ela neste concello. O polígono promovido pola Autoriade Portuaria de Vigo e o Concello de Nigrán afecta a unha zona de grande valor ecolóxico na beira do río Muíños, hábitat de numerosas especies de aves acuáticas.
Esta zona debido ás súas características físicas, chá e surcada por multiples regatos afluentes do río Muíños, é inundábel e asolágase periodicamente coas chuvias, como acontece estes días, e polo tanto non debera autorizarse a construcción de Polígonos industriais e comerciais, nin outro tipo de urbanización que alterara a sua función natural.
Sen embargo no Polígono de Porto do Molle está previsto a construcción de zonas industriais, comerciais e de ocio, para o cal se sacrifica un dos últimos espazos naturais do Concello aínda sen urbanizar. Denunciamos que como consecuencia das escorentías da esplanación, o río xa vai cheo de area e terra, como se pode ver na canle e na saída da auga do vello muíño que está río arriba do treito afectado.
Dadas estas circunstancias, ADEGA pregúntase canto tardará en haber en Nigrán inundacións e desfeitas nas zonas actualmente urbanizadas, en Praia América e mesmo na autoestrada que atravesa o río e discorre un treito o seu carón.
Poderían a Autoridade Portuaria ou o Concello dar unha resposta? Con respeito ás recentes declaracións de Emilio Pérez Touriño sobre o urbanismo, apostando por un urbanismo para vivir e non para especular, ADEGA valora positivamente estas propostas, só falta levalas canto antes á prática.
Hai numerosas leis mediambientais vixentes que se están a incumprir, só queda aplicalas para evitar os impactos destas agresivas actuación. O brutal recheo que amosa se amosa neste caso é unha mostra da situación de insustentabilidade na xestión do teritorio en Nigrán.
RESPONSABLES:
| "CONCELLO NIGRAN" |
| "AUTORIDAD PUERTO VIGO" |
| "CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE" |
| "CONSELLERIA POLITICA TERRITORIAL" |