Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: MONDOÑEDO

Graves afeccións á Rede Natura polo parque eólico da Toxiza

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=697&Itemid=2

Mondoñedo, 29 de novembro de 2007. O parque eólico da Toxiza en Mondoñedo está a afectar gravemente ao xa maltratado LIC Serra do Xistral. As afecccións dos parques eólicos aos espazos protexidos prodúcense principalmente pola construcción de pistas, as cimentacións dos aeroxeneradores, as liñas eléctricas de evacuación e subestacións e outras infraestruturas de almacenaxe. Estas construccións destrúen a cuberta vexetal e, coma neste caso, drenan zonas húmidas brañentas ou turbosas destruindo totalmente hábitats prioritarios, fogar de plantas protexidas e reservorios de auga. Tamén son importantes as afeccións á fauna, nomeadamente ás aves.

torre__turba.jpgAs colisións coas palas dos aeroxeradores son frecuentemente constatadas por numerosos grupos ecoloxistas e científicos, xa que os impactos aumentan cando a néboa cubre os muíños (algo moi frecuente), impedindo ás aves advertir que unha pala de 30 m se achega a toda velocidade. A dramática consecuencia é a morte de numerosas aves, mesmo especies protexidas e escasas, que rematan ao pé dos muiños coas patas, ás ou cabeza seccionada.
Voitre morto no Xistral. Amplía!Xa que ADEGA non poido impedir as obras de construcción do parque eólico da Toxiza, en plena área protexida, queremos demostrar agora coas con estas imaxes a destrucción do medio que están a provocar, para que a cidadanía, e sobre todo as administracións sexan conscientes dos graves impactos ambientais que estas instalacións causan nos espazos protexidos.
Queremos tamen chamar a atención sobre a prática ausencia de políticas públicas promotoras do aforro e a eficiencia enerxética, o que faría innecesario despilfarrar máis recursos e producir máis enerxía, aínda que fora limpa.
RESPONSABLES:
CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula mediante sentenza as obras que ían afectar as Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=363

Amigos da Terra, desde o seu departamento xurídico, comeza a traballar para a protección das Covas do Rei Cintolo no ano 2001, a través da interposición de diferentes escritos xurídicos dirixidos ás diferentes administracións competentes, concello de Mondoñedo e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, co fin de que se nomearan ás Covas con algunha figura de protección oficial e que se suspenderan as obras de recepción e acondicionamento para uso turístico das mesmas o que ía afectar irreversiblemente ao estado natural das citadas Covas.

Aos documentos xurídicos do 2001 lle sucederon outros no seguinte ano dirixidos incluso, ao Valedor do Pobo Europeo e para o 2003 se elevou á Consellería de Medio Ambiente co fin de que esta nomeara as mentadas Covas, Monumento Natural.

O espazo natural das Covas aparece na delimitación de espazos naturais da provincia de Lugo (Normas complementarias e subsidiarias de planeamento da provincia de Lugo).

Ás Covas aplícaselle o disposto na Ordenanza Reguladora de Solo non Urbanizable de Protección de Espazos Naturais dispón que so se permite a explotación racional dos recursos vencellados ao medio que non atente contra os valores esenciais que se protexen, é dicir, permitiríase a explotación turística pero non se autorizaría a construción de ningunha clase de edificación dentro da limitación do espazo.

A intención así, do concello de Mondoñedo de executar unha obra de accesos e un centro de recepción de visitantes e aula xeolóxica, topa así dende os seus inicios coa oposición de diferentes organizacións que, como Amigos da Terra, vían neste proxecto un caso de especulación cos recursos naturais desa zona.

O peso na zona de todas as denuncias e oposicións públicas ao proxecto o levou a Federación Galega de Espeleoloxía que, recentemente, acaba de obter o recoñecemento da súa loita a través dunha setenza do TSX de Galicia que estima o recurso contencioso-administrativo interposto pola Federación e anula e deixa sen efectos a intención da administración de licitar, mediante concurso, a obra de recpción de aula xeolóxica e de novos accesos.

Coa publicación desta sentenza vida deste estrato xudicial vaise por fin ás ameazas de especulación que afectarían irreversiblemente ás Covas e conséguese así unha base xurídica para evitar o deterioro ambiental das mesmas segundo os proxectos que tiña programados o concello de Mondoñedo.

-----------------------------------------------------------------

Enviado pormontse.valencia.

RESPONSABLES:
"CONCELLO MONDOÑEDO"

Perpetran outro "estudo ambiental": minicentral no río Tronceda (Mondoñedo)

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=648&Itemid=2

Mondoñedo, 5 de outubro de 2007. Un novo proxecto de minicentral ameazada o río Tronceda no Concello de Mondoñedo. O proxecto afecta ao LIC Serra do Xistral, pertencente á Rede Natura, e nestes momentos atópase en exposición pública. O estudo de efectos ambientais está realizado en agosto de 1998 !!. O proxecto presenta como documentación un estudo de efeitos realizado por "Técnicas y Servicios Energéticos de Galicia S.R.L." que podería constituir un dos peores estudos ambientais nunca realizados en Galiza, alén do xa famoso encoro do Umia.

Entre as flagrantes deficiencias observadas cabe destacar a ausencia total de especies de peixes, cousa curiosa xa que o que se está a estudar é un río!!. No ano 2007, 9 anos despois de ser realizado este estudo de efectos ambientais, o preceptivo é a realización dun estudo de impacto ambiental, moito máis riguroso, debido a que a obra afecta a Rede Natura 2000.
As carencias en canto á descripción de especies animais e vexetais son notábeis. En canto ás plantas, somentes se citan especies como silvas, xestas e carballos, é dicir que nin tan sequera se desprazaron até o lugar xa que estas plantas aparecen practicamente en calquera parte de Galiza.
En canto aos animais cabe destacar (aparte da ausencia total de peixes) o escaso número de especies mencionadas. No estudo aparecen 5 especies protexidas polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas, que sen embargo non se advirte que estean protexidas nin pola lexislación galega nin polos convenios internacionais de Berna ou Bonn. Destas 5 especies, 4 son anfibios e a outra un morcego. Os anfibios son enormemente sensibles á alteración do seu hábitat, de feito, considéranse en regresión en todo o planeta. E todas as especies de morcegos están estritamente protexidas.
Polo que res`peita ao “caudal ecolóxico” calcúlase do seguinte xeito: “en base á metodoloxía francesa o caudal que debe circular é do 10% do caudal anual”. Esta é a xustificación exposta para detraer o 90 % do caudal do río Tronceda á canle de derivación. Resulta pueril pretender resolver a curstión cunha simples unha regra de tres, sen ter conta variacións estacionais, interanuais, especies afectadas, etc. para determinar o caudal ecolóxico. Con estas afirmacións o que sí se pode garantir é unha grave afectación para o ecosistema do río Tronceda.
ADEGA puxo en coñecemento do Colexio Oficial de Biólogos (COBGA) o devandito estudo de efectos ambientais realizado polo enxeñeiro de Camiños, canais e portos D. Gerardo Miguel López Roibás, para o emprendimento de accións encamiñadas esixir cando menos unha mínima capacitación curricular para a realización de este tipo de estudos ambientais.
RESPONSABLES:

"EMPRESA:Técnicas y Servicios Energéticos de Galicia S.R.L."