Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: LUGO

ADEGA alega contra varias canteiras en Castroverde

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=672&Itemid=2

Lugo 5 de Novembro de 2007. Na Serra de Outeiro Maior, dentro dun ámbito de 37 kilómetros cadrados que afecta aos concellos de Castroverde, Corgo e Lugo, a empresa Ingemarga dispón dun permiso de investigación mineira, tendo proxectadas dentro do mesmo varias explotacións de granito, identificadas co nome "San Javier". Varias destas explotacións afectan aos Montes Fontenla e Lavandeira, no concello de Castroverde, propiedade comunal das parroquias de Barredo e A Meda, os cales se atopan coroados por cumios de nomes evocadores –Pena Branca, Pico do Outeiro, Castriño de Abaixo, Castriño de Arriba, Pena da Sarna, Pena da Ruza,...-, verdadeiros fitos paisaxísticos que son, á vez, miradoiros excepcionais dende os que é posible divisar fermosas panorámicas que se estenden en todas as direccións a kilómetros de distancia.


Nestes cumios, escasos de vexetación, aflora o estrato rochoso, singularizado pola presenza abundante de grandes bloques graníticos, redondeados polo paso do tempo e o azoute dos axentes climatolóxicos, configurando unha paisaxe case "escultórica" que nos transmite toda a forza e a esencia da xea. Algúns destes bolos pétreos, desafíantes das leis da gravidade e que semellan conxelados no espazo e no tempo por milagre da natureza, son especialmente aprezados polos practicantes de certas formas de escalada, mesmo de fóra de Galiza, ao escasear as formacións naturais axeitadas para estes deportes.
Esta área serve, ademais, de hábitat a coellos de monte e outras especies de interese cinexético, escasas noutras partes do concello de Castroverde.
Os montes aos que nos estamos a referir forman parte dunha área dedscn0996p.jpg
A Pena Branca, o Pico do Outeiro e outros cumios próximos destes montes atópanse íntimamente vencellados ao Camiño Primitivo -discorrente a pouco máis de kilómetro e medio ao sur-, definindo conxuntamente un "territorio" identificable por razóns históricas e paisaxísticas.
O valor destes elementos patrimoniais ponse de manifesto nos propios plans da Xunta de Galiza, entre os que se contempla a recuperación de Soutomerille e desta parte do Camiño Primitivo, vindo deste xeito a ratificar a necesidade de salvagardar a contorna destes bens.
As canteiras proxectadas nestes montes pretenden a extracción de granito para fins ornamentais, o que permite á empresa promotora beneficiarse das enormes prerrogativas previstas na lexislación de minas, como a de ocupar os terreos afectados en contra da vontade dos seus lexítimos propietarios (comunidades veciñais de Barredo e A Meda).
Trátase de canteiras a ceo aberto -co impacto paisaxístico que isto implica, agravado polo alta exposición visual dos frentes de explotación, previstos nos cumios- e están previstas para un tempo de actividade longo (30 anos), recoñecéndose no propio estudo ambiental realizado que os impactos producidos non se poderán empezar a recuperar ata a finalización. Estes aproveitamentos mineiros baséanse nunha investigación previa, consistente en sondaxes que non superan os 17 metros de profundidade, o que revela a intención de desenvolver explotacións superficiais, de grande economía para a empresa promotora pero que implican, pola contra, unha estensión e un impacto paisaxístico moito maiores.
De levarse a cabo, a incidencia destas explotacións sería estremadamente alta, así como prolongada no tempo, tanto polo que se refire ao impacto paisaxístico -pola alta visibidade das zonas afectadas, dende varios kilómetros á redonda-, como en especial, sobre a parte destes montes visible dende o Camiño Primitivo. Estas canteiras proxectadas tamén afectan aos propietarios destes montes, como os veciños de Barredo, con proxectos de rexeneración e aproveitamento forestal -plantación de especies forestais autóctonas- iniciados recentemente- e con varias captacións de auga que se poderían ver afectadas como consecuencia daquelas.
barredo_180407_p.jpgNos estudos de impacto ambiental realizados pola empresa mineira non se contemplan, como deberan, alternativas de localización das zonas de explotación. O criterio básico para seleccionalas foi o de buscar a máxima facilidade e economía de extracción, o que fai que zonas onde o granito aflora á superficie, como as dos cumios citados, sexan as primeiras candidatas.
En resumo, a ameaza real de degradación que se cerne sobre os montes de Barredo e A Meda só é entendible dende a óptica da optimización do beneficio empresarial, nun contexto socioeconómico que se resiste a abandonar as fórmulas de "desenvolvemento fácil" (explotación irracional dos recursos naturais), o que fai necesario, máis que nunca, a concienciación e reivindicación cidadán, para trocar dito modelo cara a formas de aproveitamento sostible que non poñan en risco o patrimonio e disfrute colectivos.
Polos valores históricos, paisaxísticos,… aos que se fixo mención, estes deben ser obxecto dunha especial protección que garanta a súa conservación e mellora, póndoos a salvo de calquera actuación que poida estragalos, como serían as canteiras proxectadas.
Existen diferentes vías para acadar dita protección, como a que brinda o Plan Xeral de ordenación do concello de Castroverde, actualmente en revición, e as previstas na Lei de conservación da natureza, na que se definen diferentes réximes aos que se podería acoller a paraxe afectada: "monumento natural", "paisaxe protexida", "espazo protexido de interese local" ou "espazo privado de interese natural", pudiendo ser instada a correspondente declaración mesmo por particulares.
DESPOIS DE ENVIAR ESTAS ALEGACIONS A XUNTA DE GALICIA DEVOLVE O PLAN XERAL O CONCELLO, PEDINDOLLE QUE INCLUIA OS MONTES AFECTADOS POR ESTAS CANTEIRAS COMO ZONA A PROTEXER DE CALQUER IMPACTO. TAMEN OS COMUNEIROS DO MONTE DA MEDA QUE AINDA NON SE DECIDIRAN A IR EN CONTRA DAS CANTEIRAS, ACABAN DE MANIFESTAR O APOIO A ADEGA, E AOS AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE.
Tamen temos que dar as grazas aos veciños do monte de Barredo, aos Socios e colaboradores de AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE, asi como os socios de ADEGA LUGO.
RESPONSABLES:
"CONCELLO CARTROVERDE"
"EMPRESA: INGEMARGA"

Quen mira polas nosas árbores?

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=660&Itemid=2

http://www.mundogaliza.com/content/view/1829/1669/

17 de outubro de 2007. Todos os meses chegan a ADEGA denuncias de talas de árbores senlleiras que amosan a crecente preocupación da sociedade polo seu patrimonio vexetal. Aínda que as árbores son só unha pequena parte da enorme diversidade vexetal de Galiza, resulta moi significativo que as voces de alarma xurdan da veciñanza preocupada pola perda deste patrimonio. Casos como as talas do barrio de Abella en Lugo, a carballeira de Faramontaos (Nogueira de Ramuín) ou a recente tala salvaxe en Pol, poñen de manifesto que malia á recente aprobación do Decreto SENLLEIRAS.pdf Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, as administracións seguen deixando facer aos fanáticos da motoserra.


Son ben escasas as carballeiras de propiedade pública con que contamos en Galiza. E por se fora pouco, a pésima xestión que algúns concellos fan deste patrimonio pon de manifesto o desleixo e máis a chulería de alcaldes enrocados nunha visión obtusa do "progreso". É o caso da carballeira de Rioxoán, no concello lucense de Pol, na que carballos centenarios acaban de ser talados apesar das voces contrarias da veciñanza e as advertencias de Medio Ambiente.
Este entorno, de singulares valores etnográficos e patrimoniais, inseparabelmente unidos á sua carballeira, constituía unha área de lecer natural para toda a veciñanza alén de regular o microclima. Calquera persoa cun mínimo de sensibilidade polo patrimonio natural e cultural do seu povo, entendería as razóns para protexer e conservar esta carballeira, e para poñela en valor como elemento senlleiro de significado histórico e cultural e atractivo turístico.
En base a estas razóns, ADEGA solicitou da Consellería de Política Territorial a modificación do proxecto da estrada de Meira a Baleira que, ao pasar por Rioxoán, propoñía talar toda unha fila de carballeiras para facer camiños de servizo nas marxes da estrada. Propuxemos deixar o trazado actual da estrada como vía de servizo e deseñar, no seu lugar, unha circunvalación por fora do núcleo rural de Rioxoán ou reducir o ancho da calzada, con beirarrúas en lugar dos arcéns e cunetas que se propoñían no proxecto. Era pois, unha modificación do proxecto que en nada empeoraba a calidade e os servizos que o proxecto anterior podía ofrecer: eis o que significa o desenvolvemento sustentábel.
Así o entendeu a Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial que confirmaba a ADEGA que o proxecto tiña sido modificado para non afectar á carballeira. Ao mesmo tempo, ADEGA presentou ante a Dirección Xeral de Conservación da natureza unha solicitude para que, en base aos valores naturais e culturais desta carballeira, fora incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras (Decreto 67/2007, de 22 de marzo).
Malia a estes trámites, e desoindo as recomendacións da Xunta e as peticións veciñais, o concello de Pol decidíu talar a carballeira. Para ADEGA, este feito non só demostra a absoluta falta de sensibilidade por parte do alcalde de Pol. Constitúe tamén un auténtico escándalo que non pode quedar impune:
-Porque se trata dunha tala innecesaria.
-Porque se ordena unha tala de carballos centenarios que non están xa afectados polo proxecto constructivo da estrada.
-Porque, ademáis, fíxose sen autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (imprescendíbel, xa que se trata dun ben que ten iniciado os trámites para a súa inclusión no Catálogo de Árbores Senlleiras).
Neste senso, agardamos que a Consellería de Medio Ambiente sí demostre a sensibilidade que lle faltou ao alcalde de Pol e proceda a sancionar exemplarmente esta escandalosa actuación. A violación alevosa dunha norma legal (o Catálogo Galego de Árboeres Senlleiras) non pode quedar impune. De qué valerían entón as normas e leis ambientais se se consinte a política dos feitos consumados?. Quen mira entón polas nosas árbores?
RESPONSABLES:

"CONCELLO POL"

"CONCELLO LUGO"


"CONCELLO NOGUEIRA RAMUIN"

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

El Partido Popular pide explicaciones por la maleza en solares del centro de la capital

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2007/10/19/0003_6240974.htm

RESPONSABLES:


"CONCELLO LUGO"

Los vecinos de Doctor Fleming denucian roturas y baches en sus aceras y reivindican una reparación

http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2007/10/19/0003_6240976.htm

RESPONSABLE:


"CONCELLO LUGO"

Basurero al lado de la Muralla de Lugo»


http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/10/17/00031192608037935673125.htm

Un lector denuncia la existencia de un basurero a tan sólo 15 metros de la muralla. Cuéntalo tú: e-mail: cuentalotu@lavoz.es | sms: voz cuentalo al 5626.

Desde hace tiempo www.lavozdegalicia.es invita a los internautas que lo deseen a denunciar aquellas situaciones que le incomodan y a informar de esas noticias de las que fueron protagonista o testigo. Una de las últimas opiniones recibidas nos llega desde Lugo, concretamente de las inmediaciones de la conocida muralla. Un internauta denuncia su incomodidad diaria al pasar por delante de un basurero, situado «al lado de la provisional pasarela que va desde la plazoleta de delante del supermercado Carrefour hasta casi la Puerta San Pedro».

«Es un solar de una constructora en la que podemos encontrar desde un montón de tetra-briks hasta un colchón que usan para dormir en los soportales unos indigentes», apostilla el lector, quien cree que la situación se agrava al afectar a un monumento Patrimonio de la Humanidad.

RESPONSABLES:

"CONCELLO LUGO"


"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"