Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: FOLGOSO DO CAUREL

Amigos da Terra presentará unha petición sobre a situación das explotacións mineiras do Courel no Parlamento Europeo

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=312
O colectivo ecoloxista, a través do seu departamento xurídico e dentro do programa da visita parlamentaria a Bruxelas, falará na Comisión de Peticións sobre a situación ilegal na que se atopan as explotacións mineiras do Courel e que están a esquilmar a serra.

A decisión última do Consello da Xunta de outorgar licenza administrativa á canteira de Cupa en La Campa no Courel, deixa translucir o feble compromiso que adquire o executivo galego coa conservación da natureza.

Desde fai anos as loitas veciñais e ecoloxistas se veñen sucedendo na zona tratando de facer eco do perigo medioambiental que está ocasionando a canteira La Campa, denunciando as numerosas irregularidades como a carencia de licenza de actividade e municipal, ou o incumprimento da normativa medioambiental e, sen embargo, aínda parece máis grave a situación cando as administracións deixan vía libre a unha empresa cuxa actuación foi paralizada pola Consellería de Política Territorial no ano 2002.

A explotación das canteiras é un sector caracterizado polas súas irregularidades, xa que moitas destas instalacións carecen dos títulos xurídicos necesarios para realizar as citadas explotacións por carecer de licenza para exercer a súa actividade e ser polo tanto, ilegais e clandestinas.

A inminente aprobación da Lei da paisaxe e a aprobación do anteproxecto da Lei da minería galega quedan, logo desta decisión, como unha declaración de boas intencións xa que o que vai primar ante todo, ante todos e ante a mesma lei, son os intereses privados, neste caso da empresa CUPIRE-PADESA, e das administracións fronte ao interese xeral, o medio ambiente e con el, a sociedade.

A concesión dos permisos de investigación e explotación responden sempre a intereses económicos en detrimento do ambiente e máis tendo en conta unha zona coma a o Courel integrante da Rede Natura 2000 e incluída no futuro Parque Natural, por iso é necesario facer un outorgamento racional e acorde cos espazos naturais galegos pois debe quedar debidamente asegurada a restauración e a protección do espazo natural debido aos efectos ambientais que teñen este tipo de accións extractivas que se inician na fase de realización das obras, e continúan durante a fase de funcionamento da instalación pudendo causar e, efectivamente causando, danos ambientais de gran magnitude.

RESPONSABLES:
"XUNTA DE GALICIA"

"EMPRESA: CUPIRE-PADESA"

VERTEDOIRO EN FOLGOSO DO CAUREL

Folgoso do Courel

Imagen de un vertedero incontrolado en Folgoso do Courel tomada en el 2004 , y que en la actualidad continúa activo según indican los internautas de Amigos da Terra.


RESPONSABLES:

http://ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=5

Ultransa S.L., empresa extractora nunha canteira en O Courel, é sancionada cunha multa de 6.010 euros logo da denuncia interposta por Amigos da Terra

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=341
http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=312

Amigos da Terra ven denunciando en reiteradas ocasións a situación ilegal na que se atopa a canteira A Campa en O Courel e que está a provocar a destrución ambiental, e mesmo social, da zona. A imposición desta modesta sanción pola Confederación Hidrográfica do Norte, é un recoñecemento legal e administrativo da citada situación.

A empresa Ultransa ven de ser sancionada pola Confederación Hidrográfica do Norte cunha multa que ascende aos 6.010 euros pola realización de obras consistentes na retirada de material de ambas marxes do río Luruda, así como da retirada dunha escombreira de grandes dimensións na marxe dereita do mesmo río, sen contar coa preceptiva autorización administrativa, en A Campa, no termo municipal de Folgoso do Courel, en Lugo. Así, en agosto de 2.006, o citado Organismo de Conca acorda incoar expediente sancionador contra a mercantil Ultransa.

Segundo se informou ao gabinete xurídico da asociación ecoloxista galega, recentemente os Servizos Técnicos de Zona do Organismo de Conca emitiron un novo informe o­nde se puña de manifesto a continuidade da empresa cos mesmos traballos de extracción sen a correspondente autorización e ignorando a obriga de restitución da zona de servidume e policía do río Luruda ao seu estado primitivo tal e como se esixía pola Confederación Hidrográfica.

A sociedade denunciada, pola súa parte, presenta un escrito de alegacións o­nde fai constar unha serie de argumentacións que, lonxe de acadar o respecto ambiental á zona por imposición legal e administrativa, o que persegue é “a obtención dun beneficio empresarial”, segundo a propia Confederación.


Queda constatado, así mesmo, polo Organismo de Conca, de que á empresa lle resulta “máis beneficioso a comisión da infracción que o cumprimento da normativa infrinxida”.

Polo tanto, como consecuencia da falta de restitución da zona ao seu estado primitivo, a reiteración de extracción de material a ambas marxes do río Luruda sen a preceptiva autorización administrativa e, en definitiva, o incumprimento normativo incorrendo nunha manifesta ilegalidade, fai que a CHN resolva impor á citada empresa unha multa que ascende aos 6.010 euros.

Amigos da Terra, ademais de considerar a contía da sanción como concepto mínimo polos danos ambientais infrinxidos en O Courel pola empresa denunciada, considera que, respecto a esta canteira de La Campa, se cernen unha serie de intereses especulativos e empresariais manifestamente ilegais e amparados pola Administración galega que, lonxe de por freo a esta situación que se mantén no tempo, veu de outorgar o pasado mes de xuño, a través do Consello da Xunta, licenza administrativa á Cupa de La Campa que carecía dela desde á apertura da explotación mineira e inicio de actividade en 1.974.

Está sobradamente recoñecido o valor ecolóxico e ambiental de O Courel que está sufrindo unha devastadora actividade extractiva pondo en grave risco ambiental a unha zona de altos valores naturais e que se pretende nomear Parque Natural, amén da declaración de Lugar de Importancia Comunitaria o que lle outorga un recoñecemento e protección ambiental a nivel europeo.
RESPONSABLES:


"EMPRESA: ULTRANSA"


"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

"XUNTA DE GALICIA"