http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=613&Itemid=2
Ourense, 29 de agosto de 2007. ADEGA vén de recibir comunicación do Ministerio de Medio Ambiente, a través do organismo da Confederación Hidrográfica do Norte, da apertura de expediente sancionador contra a empresa Minicentrales 2000, S. L. polos importantes danos causados no río Barra (Coles).
ADEGA cualifica as actividades desta empresa coma un verdadeiro “atentado” contra a natureza e o contra o propio río Barra". Os danos consistiron na vertedura de materiais sobrantes das obras no propio cauce coñecido tecnicamente como “zona de dominio público hidráulico”. Por se non abondara con eses feitos moi graves, esta empresa depositou os materiais sobrantes en lugares prohibidos coma as marxes do río, incumprindo, deste xeito, as condicións da concesión de aproveitamento que a obrigan a trasladar e depositar os materiais sobrantes da execución de obras a un Centro de Tratamento e Recollida de residuos legalmente habilitado.
Paralización das obras
Ante a gravidade dos feitos e danos ocasionados ao ecosistema fluvial do río Barra, ADEGA considera que existe base legal suficiente para que a Confederación Hidrográfica do Norte (C.H.N.), ademais de impor unha forte sanción, ordene a inmediata paralización cautelar dos traballos de execución da minicentral por non ofrecer a empresa Minicentrales 2000 garantías suficientes do cumprimento das condicións establecidas na autorización e de respecto ao medio natural.
RESPONSABLES:
| "EMPRESA: MINICENTRALES 2000, S.L." |