Amigos da Terra continua á espera da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio que informe sobre as medidas que van considerar dende este departamento da Xunta de Galicia, para a restauración ou non da Torre de Sande en Cartelle (Celanova, Ourense).
Elaboráronse escritos denunciando o lamentable estado no que se atopaba a Torre medieval de Sande, enviados á Dirección Xeral de Patrimonio para que comprobaran o efectivo deterioro da Torre e o perigo de destrucción da mesma. Ademais, comunicouse vía telefónica a situación ao responsable de comprobar dita situación e levantar a correspondente acta para notificar ao departamento competente da administración, a necesidade de restaurar a Torre.
Transcorreron xa máis de doce meses dende que Amigos da Terra puxo en coñecemento desta Dirección Xeral os feitos que aquí se decriben e, a día de hoxe, os veciños reclamantes da restauración da torre, alegan a continuidade da lamentable situación do inmoble sen que o concello medie tampouco.
A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia ten como fin esencial, tal e como establece no seu prólogo, conservar e difundir un legado que o tempo irá acrecentando para transmitilo ao futuro. Pero o cumplimento do articulado das leis, unha vez máis, non parece ser unha prioridade para a administración que deixa á cidadanía desprotegida e perplexa.
RESPONSABLES:
"DIRECCION XERAL DE PATRIMONIO"
"XUNTA DE GALICIA"