Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: CAMARIÑAS

Camelle e Arou manifestáronse contra o Plan Acuícuola

http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=2226

Foi esta a terceira concentración en dous meses para pedir a súa retirada. Na primeira, o 4 de novembro en Corrubedo, participaran miles de persoas.

30.12.2007 | 19:00
A manifestación parte do Museo de Man
A manifestación parte do Museo de Man. Mario HPR (Flickr)
A concentración comezou ao mediodía dende o museo do Alemán e percorreu o paseo marítimo da cidade até a Xandriña, onde está prevista a construción dunha "macropiscifactoría" de 217.000 metros cadrados, que coa de Camelle, de 101.000 metros cadrados, "pretende rodear esta emblemática costa con máis de 30 hectáreas de formigón e lonas negras", criticaron os veciños.
Levan meses loitando contra unha planta de cría de rodaballo que a Xunta de Galicia prevé instalar a penas a uns metros do centro da vila. Este domingo, a Asociación de Veciños de Camelle A Pergoliña convocou unha manifestación á que se sumaron tamén plataformas veciñas afectadas, como Merexo, Quilmas, Arou ou Corrubedo, ademais dunha representación de Malpica que desenvolveu a súa propia marcha de protesta.

Colectivos e asociacións ecoloxistas como ADEGA ou Rede Galiza Non se Vende solidarizáronse tamén para protestaren, como asegura ADEGA na súa páxina na rede, "contra unha planta de grande impacto medioambiental prevista nun litoral de gran riqueza pesqueira e marisqueira situada estratexicamente nos límites da Rede Natura".

A veciñanza de Camelle salienta que a planta ocupará unha superficie de 217,000 m2, mais non paliará as consecuencias da ausencia dun plan de desenvolvemento económico que sofre a zona desde hai décadas, porque os postos de traballo que xeraría serían moi limitados. Lembran que o Plan Sectorial de "megaparques" de acuicultura en terra recolle para Camelle e Arou dúas instalacións, a denominada Xandriña e a de Cameselle, nunha costa virxe de "altísimos valores" naturais e culturais.
Cruces sobre a praia e un testemuño

Como acto simbólico, os veciños da vila instalaron na praia da localidade 50 cruces de madeira con lazos verdes que simbolizarán "a destrución definitiva dunha zona cun enorme potencial pesqueiro, medioambiental e turístico, único na costa atlántica europea e para o que até hoxe ningún goberno da Xunta de Galicia presentou un proxecto de desenvolvemento sustentábel digno".
Como punto final da manifestación leuse unha carta do fillo do alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso, Diego Alonso, grande defensor do Plan Acuícola e que expresará a súa opinión tras traballar nunha factoría de rodaballos.

RESPONSABLES:
XUNTA DE GALICIA

Un millar de personas piden en Camariñas el derecho a trabajar de pescadores

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/12/08/00031197137853300974803.htm
Efe

Fecha de publicación:

8/12/2007

Hora:
Actualizada a las 19:22 h

Un millar de personas se han manifestado hoy por las calles de Camariñas, bajo una pertinaz lluvias, para pedir a la Consellería de Pesca que permitiera salir a faenar a las embarcaciones a las que se le retiró cautelarmente la licencia, por presunta pesca ilegal.

Pesca decidió retirarle la licencia a estas embarcaciones después de que miembros de la familia Campaña Carril fueran detenidos y encarcelados por presunta tenencia ilícita de explosivos.

Los manifestantes lanzaron mensajes a la Xunta para que permita que los barcos puedan faenar y evitar la crisis que está afectando al pueblo, que ha sido el ayuntamiento de la Costa da Morte en el que más deprimido económicamente en los últimos meses.

En el transcurso de la marcha de protesta los manifestantes corearon consignas pidiendo la dimisión de la titular de la Consellería de Pesca, Carmen Gallego.

Entre la multitud de manifestantes estaba el alcalde de Camariñas, el socialista Manuel Alonso de Leon, y el jefe de la oposición, el popular Daniel Rego.
RESPONSABLES:

La Costa da Morte, 5 años después del «Prestige»

http://www.lavozdegalicia.es/fotos/2007/11/14/01101195029548584424143.htm

En el Castelete (Camariñas) las paredes continúan teñidas de fuel.
Autor:
José Manuel Casal

RESPONSABLES:

"XUNTA DE GALICIA"

"PP"

ADEGA e veciños de Arou, Merexo e Quilmas interveñen nunhas xornadas sobre o rodaballo en Camariñas

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=630&Itemid=2

O pasado venres 14 de setembro veciños de Arou, Merexo e Quilmas xunto con ecoloxistas de ADEGA interviron nunhas xornadas sobre o rodaballo celebradas en Camariñas para expresar o seu rexeitamento sobre o Plano de Acuicultura que se atopa nestes momentos en tramitación pendente de resolver as numerosas alegacións presentadas.

Clica para ver un vídeo da protesta en Youtube.

ADEGA e os veciños afectados continuarán realizando mobilizacións “sorpresa” ante os responsables da Consellería de Pesca e nomeadamente do Director Xeral de Recursos Mariños e da Conselleira de Pesca, acudindo aos actos nos que participen a expresar o rexeitamento ao nefasto Plano de Acuicultura.
Este plano favorece principalmente a dúas multinacionais e prexudica enormemente aos veciños/as dos lugares afectados coa ocupación do espazo (en moitos casos de grande valor ambiental e paisaxístico) e promovendo a contaminación da costa, xa que as megraprantas non contan con sistemas de tratamento de augas residuais.
Por estes motivos aproveitarase calquera ocasión para que os responsables da Consellería de Pesca se decaten que non poden “saltar” o interese público para favorecer a ocupación da costa con macroinfraestructuras contaminantes.
RESPONSABLES: